Crónica
O pasado día 31 de Maio celebrouse na Pontenova
o I
Encontro Galaico-Asturiano de Asociación de Sendeirismo, o cal fomos
invitados a participar.
Xuntámonos tódolos grupos nas inmediacións dos antigos
fornos de fundición e alí asignáronnos unha ruta das catro que teñen
nese concello. A que nos tocou a nos en moi fermosa como poderedes ver nas
fotos que fixemos.
Ten unha vexetación diversa, sintomática das fragas ,
con un río central do que toma o nome a ruta. A el verten pequenos
regatos que en algúns casos, debido ó desnivel simulan que son uns
pequenos saltos.
O río central ten unhas pontes ancestrais, feitas de
madeira, que lle dan un encanto e o mesmo tempo serven de "coña"
ós membros do grupo cando fan a "foto". Tamén hai uns antigos
muíños que semellan estar "fora de servizo" .
En resumen, que a ruta é fermosa. Despois de unha
camiñada de aproximadamente dúas horas e media encontramos un antigo
mazo, tamén en desuso; a casa principal foi aproveitada para o turismo
rural pero agora tamén esta pechada.
A partir de aquí cambia o camiño. Xa non é o
típico das fragas e pasa a ser carreteira ata chegar á Pontenova
Alí compartimos con o resto dos grupos o xantar que nos
tiñan preparado os organizadores.
Gorri
|