>  

 

Crónica

Ruta da Reflexión

Hoxe da man da asociación de Sendeirismo de Barreiros e de Mujeres en Igualdad de Lugo, fixemos a andaina 2022, Ruta da Reflexión, un acto mais dentro da semana de loita contra a violencia de xenero. Fermosa ruta pola costa barreirense, xuntamonos no Asador, e dende ali en autobús diriximonos ata a praía de Arealonga en San Miguel, punto de partida da marcha de hoxe.


Fixemos a foto de grupo diante da praía, e despois de unas verbas por parte dos anfitrións comezamos a camiñar. O día está nubrado, pero temos una moi boa temperatura para camiñar. Estamos moi ledos e animados, imos falando e disfrutando das fermosas vistas desta costa. Pasada a punta do Castro chegamos a praía da Pasada, xa empeza a saír o sol, e o lonxe vemos Foz e Burela. Continuamos pola praía de Longara, xa empezamos a ver surfistas, continuamos por a praía de Fontela, despois vira Balea, e chegamos a Benquerencia, onde nos espera o avitullamento. Unha vez reposto folgos continuamos o camino por este paseo marítimo, agora toca a praía de Remior, para chegar a punta de San Bartolo e a praía de Altar, dende aquí continuando o Camiño Natural do Cantábrico imos cara a Lagoa dos Patos, xa nos queda pouco para chegar o punto final no Asador.


Diante do restaurante facemonos unas fotos no banco rosa e co testigo da marcha, subimos a un salón, onde tomaremos un refrixerio e faremos o traspaso do testigo, xa que a marcha do vindeiro ano será organizada por Foz.
Fermoso día, moi agradable compañía.


Grazas a todos e ata a vindeira

Morís.