>  

 

Crónica


Ruta Penedo da Forca, Navia de Suarna

Para o roteiro de marzo imos desprazar a Navia de Suarna, e coa desculpa do roteiro degustar un rico cocido.


Á chegada recíbenos unha néboa, que non nos permite gozar da paisaxe. Tomamos un café e comezamos a andar, imos ao campo da feira, que é onde comeza o roteiro, tócanos unha subida pronunciada por unha fermosa fraga, imos camiñando por un chan tapizados polas follas caídas, rodéannos castiñeiros, carballos, acivros, así como unha leve bruma da néboa que cobre estes vales. Pasados estes primeiros metros máis pronunciados a subida vólvese máis relaxada xa que imos facendo zetas para ir gañando altura. Chegamos á estrada e desviámonos á esquerda camiñando uns metros polo asfalto, ata chegar a unha curva pronunciada de dereitas, é neste punto onde deixamos a estrada e viramos á esquerda, collemos unha pista de saburra que atravesa esta parte da fraga, seguimos sen poder gozar da paisaxe por culpa da bruma. Baixamos cara a Vilaranton e na súa capela facemos unha parada para tomar algo e repoñer forzas. Desandamos uns pasos para coller a senda que descende pola nosa dereita cara a Garduñeira, seguimos rodeados de castiñeiros, carballos e acivros. Ao chegar á estrada viramos á esquerda e percorréndoa durante 2Km, achegarémonos a unha praia fluvial coa súa área recreativa. Camiñamos pola senda que vai pegada ao río Navia, ata chegar ao cuartel da Garda Civil, onde volvemos á estrada para percorrer estes últimos metros, ata a entrada da Proba, que é onde comezamos á primeira hora.


Damos un pequeno paseo polo pobo gozando das súas casas antigas, o seu castelo, a súa ponte romana, a súa hostalería, todo isto facendo tempo ata a hora de degustar un cocido nun local de Navia.


Grazas a todos por este magnífico día.


Un saúdo.

Morís.