Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

Sábados de Agosto 2006

Crónica

Os sabados de Agosto deste ano foi outras das actividades que Os Sendeiros de Foz fixemos. 

O primer Sábado 5 Ruta Burela - Nois, Foi unha sorpresa para moitos que formamos o grupo. Unhas pistas ben coidadas, e uns paseos marítimos dignos de pasear por eles, estes camiños van levándonos á beira do mar e poder ollar a gran beleza das praias de : Areoura, Os Alemáns, Os Xuncos, e como remate da ruta a praia as Polas. Todo elo sin perder da vista dende o alto o porto de Burela, e as bonitas e ben coidadas casas que durante todo o percorrido se ven. O día amaneceu cun ceo despexado e sol radiante. 

Sábado 12 Ruta Nois - Foz .

Retomámos o camiño cunha mañá de sol en Nois para adentrarnos á beira do mar da parroquia, o recorrido e dunha beleza singular ao carón do mar, pódense ollar vellas casas aínda nun abandono, pero que con seguridade serán restauradas en calquer momento. Sigue o paseo pola praia de Arealonga, unha praia cunha parte de area e outra de pedras, ao final topámonos con o Castro de Fazouro cunha boa información sobre a sua historia, Seguimos por Fazouro sempre a beira do mar, ata chegar a fermosa praia de bandeira azul a Pampillosa, esta praia ten unha boa infrastuctura con : area recreativa, aparcamento, nela desemboca o río Ouro, que forma unha bela paisaxe todo o seu entorno. Seguimos a beira do río para coller a ponte antiga de ferro, e no alto cruzamos para seguir o camiño bordeando o mar ao carón do antigo cargadeiro de area e vai levándonos a praia tamén de Bandeira azul Peizas, pequena pero fermosa donde as haxa. Dende eiquí sigue a camiñata polo paseo marítimo ata a praia de bandeira azul de Llás, na hora que pasamos estaba chea de xente. Seguimos polo paseo ollando : Auga Doce, o Roncadoira, o Ollo do mar, belos rincóns que nos acercan a Fermosa praia tamén de bandeira azul a Rapadoira, xa no pobo de Foz, no paseo dimos por rematada a ruta. Creo, como pódese ler que foi unha ruta de ensoño para os amantes de as belas vistas que ofrece o mar. 

Sábado 19 Ruta Vilaronte - Cornería.

 Esta ruta fixémola en conxunto con Asociación de vecinos de Vilaronte, por estas datas festexan o día do Emigrante, e unhas das actividades foi este recorrido ao alto de Cornería, O día era dunha mañá explendida como as anteriores, formamos un bo grupo de andareiros esta vez, saimos de Vilaronte polo medio da parroquia e na casa da Roxa tomámos o camiño sempre en costa ata o pico do monte, pouco a pouco íamos ascendendo sin moita presa pois e unha verdadeira maravilla ollar, según vamos camiñando, a Foz dentro do marco da sua ría e a costa de San Cosme de Barreiros ao marxen dereito. No medio dun frondoso eucaliptal sigue o camiño por unha pista que nos vai achegando a cima, tomamos unha desviación a esquerda para chegar ao remate, o día era moi bo pero debido a altura do monte facía unha brisa que a verdade era de agradecer. Por fin chegamos, e no medio das antenas da tele, a organización nos sorprende cunha mesa chea de comida: tortilla. Chourizos, empanada, en fin de todo había, despois de dar gusto ao estómago, emprendemos o regreso en baixada constante ata Vilaronte. A verdade que foi un bo día de senderimo. 

Sábado 26 Ruta Foz - San Martiño. 

Este último sábado foi si queres un pouco de paseo relaxado para dar a coñocer algúns do grupo o encanto da Igrexa de San Martiño de estilo prerrománico e data do século X, nela estan os restos de San Gonzalo, despois da visita obligada e tomar un grolo de auga da fonte a Zapata, vamos camiño do monte do Santo entre eucaliptos, recreámonos na area de descanso do Santo e poder ollar a Capela do Bispo Santo, feita no seu día na honra a San Gonzalo para darlle as grazas por alexar a os invasores Normándos. Baixamos polo Prado vello para achegarnos a Marzán e de novo en Foz. 

Resaltar das xornadas dos sábados que cremos que foi unha boa oportunidade para poder ollar as belezas que temos no noso entorno, e que para o ano que ven voltaremos a repetir. 

Ata sempre

José Luis