Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

Album de Fotos

Andareiro 10

Fraga do Eume

A Coruña

Día 24 de Xullo de 2005

Saída as 08 da mañán

Duración: 6:30 h

 

Na Provincia da Coruña, e abarcando os Concellos de Cabanas, Monfero, Pontedeume, A Capela e As Pontes, encontrase o Parque Natural As Fragas do Eume. Con máis de 9000 Ha, e bañado polo río Eume, este Parque Natural está considerado un dos bosques Atlánticos máis importantes de Europa.

Dende o mosteiro de Caveiro pódese contemplar unha das mellores vistas da Fraga, amosando a densidade da sua vexetación variada e rica en carballos, fresnos, saúcos, castiñeiros, avellanos, loureriros e unha variedade impresionante de felgos. O mosteiro domina a fraga e amósanos a harmonía que existe entre pedra e vexetación.

 

Crónica

Con tempo apacible partimos de Foz as 8 da mañán un grupo de 24 sendeiros a comermos as Fraga do Eume.

Ao comezo da subida da Xesta, atopamos néboa e unha fina choiva envolvía a mañán. Decir tamén que foi a primeira vez que non levábamos a nosa número un, Ana, como guía; e non cabe dúbida que se notaba o seu vacío. Esta vez o traballo foi moi ben feito por Seli, e a verdade é que o realizóu como unha grande veterana do sendeirismo.

Chegamos sobor das 10:30 h. ao bonito pobo de Pontedeume, a carón do Río Eume. Tomamos a estrada que nos acercará a Monfero, no límite oriental da provincia de A Coruña. Polas suas terras pasan varios arroyos e ríos, sendo o máis importante o Eume. A choiva seguía sin abandonarnos, baixamos do autobús a tomar un café mentras esperamos a que as portas do Mosteiro de Santa María de Monfero se abran para facerlle unha visita.

De novo retomamos o camiño e facer a visita ó mosteiro que data do século X, sufriu ataques dos Normandos, sendo reconstruído no ano 1134 a iniciativa do rei Alfonso VII. Os primeiros moradores foron os monxes da orden de San Bieito, para máis tarde no ano 1147 ser ocupado polos da órden Cisterciense, vindos do Mosteiro de Sobrado dos Monxes. Este Mosteiro ten unha fachada moi singular, seméllase a un taboleiro de xadrez con catro enormes columnas; no seu interior conten varios sepulcros, como o de Freire Andrade, un gran coro e unha gran cúpula.

Preto do mosteiro, a uns 2 km, ao lado do camping de Monfero, atópase a senda que nos levará á Fraga do Eume. Eran as 12 da mañán. A senda lévanos por unha pista e adéntranos por un sendeiro en constante baixada durante unha hora e media ate chegar ó río Eume, donde nos agrupamos nunha ponte de madeira.

Había algunha que outra queixa da baixada. Muslos, rodillas... bastante cansos. Neste lugar fixemos unha fotografía do grupo e continuamos a marcha pola beira do río, metidos entre a impresionante fraga: amieiros, carballos, felgos, etc. Así durante 2 horas, ate chegar a unha zoa preciosa ao lado do río, por debaixo do Mosteiro de Caveiro. É eiquí onde facemos o xantar de medio día. Xa eran as duas da tarde e a fame e o cansanzo facían mella.

100_0184.JPG (625906 bytes)

100_0190.JPG (1738519 bytes)

100_0192.JPG (710048 bytes)

Despóis do merecido descanso collemos as mochilas, subimos un pequeno repeito para visitar o Mosteiro de Caveiro. Este pequeno mosteiro é singular, está enclavado no alto dunha gran pena dende dónde se pode disfrutar dunhas vistas impresionantes de toda a Fraga do Eume. Data do ano 1134, ocupado polos monxes da órden Cisterciense, nunca moraron máis de dez. Tiñan o dominio de todo o val da fraga. Como peculiaridade, decir que á fachada principal chamanlle de efecto bisagra, que quere decir que a xiraron para que lucira máis que na sua posición natural.

Despóis da visita tomamos a senda á esquerda e repostamos de auga na fonte que queda ó comezo do camiño. Metidos pola frondosidade da fraga, e sempre ó lado do río, vamos os sendeiros vencendo os retos que o camiño nos vai presentando.

Xa levamos duas horas dende que fixemos a visita o Mosteiro de Caveiro, encontrámonos con unha ponte colgante que cruza o río e lévanos a unha estrada, que percorreremos perante uns dous km ate chegar á entrada oficial da Fraga do Eume. Neste lugar decir que había moita xente que tódolos días veñen a pasear por este paraíso natural que temos en Galicia.

Ao fondo xa divisamos o autobús que nos levaría as nosas casas. Como anécdota comentar que varios sendeiros (entre eles muá) pensabamos que non ía chover e, claro, os chubasqueiros quedaron na casa, e ate incluso o chófer do bus (Luis Núñez) ofrecéuse para deixarnos roupa de abrigo que tiña no coche.

Tamén unha andareira procedente de Madrid, que se xuntou o grupo en Foz, pensaba que era outra cousa e nin máin nin menos que se presenta cunhas sandalias brancas, eso sí  moi bonitas, que si non fora pola boa de Tere que lle deixou unhas botas, non sei que lle pasaría. E de comentario tamén as risas que pasamos nunha baixada que tiñamos que pasar cada quen como podía. Érache un tramo bastante difícil, e con a choiva estaba moi esbaradizo. Así é como vamos facendo camiño.

100_0196.JPG (910744 bytes)

100_0198.JPG (861025 bytes)

100_0189.JPG (1887771 bytes)
Estábamos diante do bus cando un grupo de 12 xoves madrileños preguntaron si os levábamos ate os coches que tiñan aparcados no pobo de As Neves. Fixeran a ruta dende este punto e tiñan que voltar a recollelos e, coma sempre, coa nosa amabilidade e sen pensalo invitámolos a subir ó bus.

En As Neves, paramos a tomar algo quente, e máis un bocado, pois tiñamos algo de fame, xa eran as sete da tarde e tamén facía algo de frío. Voltamos de novo ó autobús e con outro que outro cantarín fumos pouco a pouco achegándonos a Foz. Pasando primeiro polos pobos de As Pontes e Vilalba para chegar a casa ás 9 e media da noite.

Outro bon día de sendeirismo o que disfrutamos.