Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

 

 

 

Andareiro 53

 Ruta: Bosque de Peloño 

Ponga (Asturias) 

19de Abril de 2009

Saída: 07:00 h  da mañán

Dificultade: Media

Duración aproximada: 5 h.

Crónica

Ás sete da maña, cun tempo que prometia un bo día de senderismo partimos de Foz a asociación Os Sendeiros para terras de Asturias

Esta vez xuntámonos 43 compañeiros con gañas de formar unha xuntanza para o recordo. Temos que dar a benvida ao grupo a nova socia Carme e tamén a Mariano que un momento que ten para vir a Foz xa engancha con nós. Polo ceo comezan asomar uns raíños de sol que fai presaxiar un bo día de sendeirismo. Vamos percorrendo a estrada que pouco a pouco vai acercándonos a terras de Asturias, pasamos pola ponte de Soto de Luíña "obra de gran enxeñería" que fai poucos días foi a súa apertura ao tráfico, pasamos Cudillero, e na primeira area de servizo da autoestrada facemos unha paradiña para tomar uns cafés e un que outro pasteliño ou bocata; coma eran as nove da maña aínda os afeccionados da formula 1 puideron ollar a saída de Fernando Alonso. Todos de novo no autobús, ben pilotado por Luís, emprendemos a marcha para comer o mundo. 

Tomamos a estrada a Santander pasando por Pola Siero, Nava, Villamayor, Arriondas a terra do Marqués, para achegarnos a Cangas de Onís capital noutros tempos do Reino de Asturias. Collemos a estrada que vai ao Porto el Pontón e a uns 14 km. desviámonos a San Juan de Beleño, capital do concello de Ponga. Nesta estrada é impresionante a beleza do seu entorno, sempre levando ao marxe o río Ponga, que vai formando uns remansos de gran beleza, cunha auga limpa coma o cristal, por veces mergullado nuns desfiladeiros e unha campiña ven coidada, pobos cativos como: La Vega Sebarga, Santoveña, Sellaño, van achegándonos a San Juan Beleño pobo que atópase agarrado a montaña coma un fillo a súa nai, nel pódese ollar algún que outro vaqueiro paseando polas rúas cos seus coquetos cabalos, casas ben coidadas e unhas marabillosas vistas.

 Pero aquí aínda non remata a estrada temos que percorrer outro treito ata Los Bedules onde comeza a ruta. 

Son ás 11,30 cando comezamos a ruta dende los Bedules temos un treito de 1,2 km. con bastante pendente que fai que algúns sufran unha pequena congoxa e xa queren arroxar a toalla, pero cando ven a inmensidade dos vales rodeados polos picos de Europa nin nos damos conta da pendente. Ao remate da costa facemos unha paradiña e, xa algúns tira da mochila para darlle un bocado a froita e algún que outro ata comeu un bocadillo.

Bosque de Peloño (Asturias) por ti. Bosque de Peloño (Asturias) por ti. Bosque de Peloño (Asturias) por ti. Bosque de Peloño (Asturias) por ti.

 

Seguimos a pista ven sinalizada que nos vai levando ao Bosque de Peloño, aínda pódense ver os restos da nevada de días anteriores. O bosque esta cheo de faias, no mesmo corazón do Parque Natural de Ponga, e aínda que é a especie que máis abunda, tamén existen pequenos carballos, innumerables acivros, xenebreiros, arandos....., tamén podemos ollar gando solto, cabalos, vacas e algunha que outra pegada de xabarís, corzos, etc.... Seguimos mergullándonos no bosque e entre conversa e risos vamos gozando da fermosa paraxe que temos diante. O camiño e bo e practicamente todo chan con moi pequenas subidas e baixadas, en fin unha delicia de paseo, Ademais todo elo sorprende polas vistas dos picos Ten, Ñajo e Pileñes, formando a divisoria entre Asturias e León cunha altitude de aproximadamente 2000 m., todas as súas cumes disfrazadas de neve que fan unha postal de ensoño. 

Facemos un reagrupamento máis o menos na sinal que indica " El roblón de Bustiello", neste lugar ao mesmo tempo decidimos dar a volta, non sen antes visitar este carballo centenario. Eran xa ás 2 da tarde e os estómagos pedíanche algo de comida e sen titubeos buscamos algo de abrigo da leve brisa que tíñamos, ¡¡ e a xantar!!. O día era radiante para xantar no campo. Cada quen foi sacando das mochilas ás viandas, o de costume . Tortillas, xamón, chourizos, ata algúns levaron as súas botas de viño para meter un grolo de cando en cando, pero non vos lo perdades ata houbo quen levaba café capuchino, en fin un xantar que a min en particular gústacheme moito porque compartes camaradería, formas piña, e fanse todo tipo de comentarios da ruta.

Bosque de Peloño por ti. Bosque de Peloño por ti. Bosque de Peloño por ti. Foto de Grupo por ti.

 Despois do disfrute do xantar e a barriga chea, a verdade aborrecía poñerse en pe para seguir a camiñada, pero non queda máis remedio que seguir camiñando, non hai dúbida de que o que pedía o corpo era votar unha sesta plácida. 

Todos dispostos emprendemos a marcha na busca do punto de partida. O grupo camiñaba bastante estirado formando grupos pequenos que de seguro cada un ía contando as súas cousas Saímos do bosque e comezamos a baixada para chegar ao autobús, para algúns coma a min a baixada deixouse notar nos xeonllos, Hai quen prefire subir que baixar, "cousa da idade". 

As 4,30h remata a ruta. Todos ben compostos e limpos subimos ao autobús para facer unha paradiña en Cangas de Onís. Demos un paseo pequeno, tomamos o que nos apeteceu e volta a casa non sen antes facer unha paradiña técnica no Restaurante Lupa de Cudillero

Ao redor das 9,30 chegamos a Foz, a verdade un pouco cansos despois de levantarse as 6 da maña. Creo que o viaxe mereceu o pena. 

Vémonos no Parque do Xurés en Ourense 

Un saúdo 

José Luís.