Crónica

Ruta Pena Abaladoira - Fervenza Escouridal


A primeira ruta deste ano fixémola por terras de Alfoz, chamámola Pena Abaladoira - Fervenza Escouridal, por ser dous dos lugares que imos visitar mais recoñecidos, e percorrémola cos nosos amigos do grupo de montaña MIES de Oviedo.


Iniciamos a andaina preto do Cadramón, baixamos dos buses, demos unha breve explicación da ruta, por onde imos pasar, curiosidades, tipo de camiño. O día apunta maneiras, xa se empeza a ver o sol, a néboa dos vales estase indo, invita a camiñar nesta fresca mañá. En fila dirixímonos cara a Fraga da Moradoira, está moi fermosa, as arbores sen follas agás os Acivros, co seu verdor e os froitos vermellos, chaman a atención, imos saltando pequenos regachos, que co seu rumor de augas bravas fan un camiñar moi agradábel.


Unha vez rematada a fraga, viramos a dereita e ascendemos cara a Pena Abaladoira, xa esta despexado o ceo, non hai néboa, o que nos permite ter unha panorámica espectacular, como non fotos, tentar abalar a pena e mollarse ca auga das súas pozas por si quita verrugas e cura a reuma.


Dirixímonos cara o seguinte fito de hoxe, iso si atravesando esta planice, cruzada por numerosos regos, que temos que saltar, que fermosa estampa facemos, unha larga ringleira de múltiples cores, serpenteando pola chaira, na metade do camiño cara a parada técnica, atopamos un pastor de cabras, co que falamos. Chegamos a Pena das Banzas, onde imos parar uns intres para picar algo e descansar, sacar a foto de grupo. Todo o mundo queda abraiado desta impresionante mole de granito aquí no medio desta planicie, co seu oco onde poderían cobizarse varios autobuses das inclemencias.


Seguimos camiñando e cun forte descenso atravesamos unha nova fermosa fraga, para logo ir ascendendo ata a Fervenza Escouridal, maxestosa caída de auga en bloque granítico, unha das maiores de Galicia, os nosos amigos quedan impresionados da súa beleza e non paran de sacarse fotos que deixen constancia da súa visita.


Collemos os buses unha vez rematada a andaina de hoxe e dirixímonos cara o restaurante o Frenazo en Alfoz, onde imos facer o xantar de confraternidade, que nos permitira recuperar forzas. O remate do mesmo facémoslle entrega dun agasallo de recordo, os amigos do MIES, unha figura de cerámica feita por Otero Regal, que socio dos Sendeiros.


Fermosa ruta, día inmellorable e grata compaña.


Un saúdo a todos, grazas por todo e vémonos por terras Astures en Abril.

Morís.