Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

Album de Fotos

 

Andareiro 6

Ruta das Pedras Apañadas

A  Fonsagrada - Lugo

Día 20 de Marzo de 2005

Saída as 08:00 da mañán

Duración: 5 h

A Fonsagrada está ubicada no extremo centro-oriental da provincia de Lugo, formando un conxunto montañoso que constitue unha fronteira natural con Asturias.

Comeza a ruta na cima das Pedras Apañadas, entrada en Galiza do Camiño Primitivo de Santiago dende Asturias, e que alcanza unha altura de 1203 m. sobor do nivel do mar. Pódense contemplar as panorámicas máis sobrecolledoras; desde este punto dominanse  horizontes ilimitados con fermosos vales do lucense concello de Nogueira de Muñiz e do asturiano Santa Eulalia dos Oscos. Segue a ruta ao porto do Acebo (1024 m) en contínuo descenso pasamos polas aldeas Cabreira, A Follabal, Fonfría, Barbeitos, Silvela e Paradanova; en todas elas pódese contemplar unha mostra da típica construcción das aldeas da zona. Así vamos chegando á capital do concello, A Fonsagrada.

6ruta001.png (5186170 bytes)

Ana e Nelly a semana antes

Crónica

As oito en punto tomamos a saída de Foz un grupo de 42 Sendeiros á aventura por terras da Fonsagrada. O día amenceo con bó tempo e podíase ver certo nervosismo entre os novos andantes. Partimos en dirección a Vegadeo para subir á Garganta e no alto tomar a carretera que pasa por Santa Eulalia de Oscos, terra donde naceu o insigne Marqués de Sargadelos, D. Raimunde Ibañez, para coller a dirección a Fonsagrada.

Antes de chegar á vila collemos a C-630 para chegar a O Acebo, donde deixamos o autobús e con as mochilas ao lombo comezamos a marcha cara ó alto das Pedras Apañadas (1204 m). No alto contemplase uns bonitos paraxes, pondéndose divisar os concellos de Nogueira de Muñiz e Santa Eulalia de Oscos.

No cume tiñamos coma testigos a uns 12 eólicos maxestuosos que impresiona estar preto deles, con o seu xirar das aspas e o ruído que fan. Comeza o descenso e podíase ver aínda nas ladeiras os restos da neve dos días anteriores. Pouco a pouco vámonos adentrando na senda que nos leva en contínuo descenso entre unha variedade de árbores e vexetación. A ruta ten pouco atractivo turístico e, por algunha zona, ate ceto abandono en canto a limpeza e sinalización.

6ruta002.png (2098787 bytes)

Mª José, Pili e Mari

6ruta008.png (410342 bytes)

Alfredo, Mª José, Pili

6ruta009.png (379320 bytes)

Grupo Os Sendeiros

Ao paso por un grupo de vivendas, no medio do camiño había esterco tirado que fedía bastante. Segue a ruta en chao e, a uns dous kilómetros do final, atopamos unha forte pendente que o grupo non recibiu con moito agrado pois xa tíñamos como dazasete km nas pernas e non estaban para grandes esforzos.

Pasamos por unha ponte de madeira e no último tramo da subida podíase ollar un regato sen tapar con augas residuais das casas colindantes, deixando un fedor insoportable.

As duas e media da tarde chegamos a Fonsagrada. Despóis de andar dende as dez da mañán, a verdade é que todos os compoñentes do grupo estabamos un pouco cansos. Rápidamente fomonos cambiar a camiseta no autobús, e lavar un pouco a cara, e como o estómago non perdoa, achegámonos ó restaurante "Os Chaos" donde nos estaba esperando un suculento "Cocido da Montaña Luguesa".

Entorno a unha mesa alargada sentámonos os 42 sendeiros e, entre algunha risa e comentario, fumos pouco a pouco degustando os exquisitos manxares: botelo, cachola, lacón, chourizos, todo elo acompañado duns ben cocidos grelos e regado con viño a esgalla. De verdade daba gusto ollar a mesa chea dos productos do porco, sin cortar, todas as pezas enteiras, e aqueles grelos con aquel refrito de allos e pimentón que sabían coma manteiga.

6ruta013.png (280371 bytes)

6ruta014.png (237280 bytes)

Antonio e David

6ruta017.png (496309 bytes)

Grupo Os Sendeiros

Despóis de dar boa conta ta comida e disfrutar dunha longa sobremesa emprendemos a marcha camiño do Museo da Vila. Non e moi grande, pero e recomendable visitalo pora variedade de cousas curiosas que se poden ver nel. Por exemplo, "A morte innecesaria", que representa a un soldado morto na II guerra mundial metido nunha caixa e coberto de sal, que impresiona nada mais velo; e obra dun artista local. Tamén hai áperos do medio rurarl, pinturas, ferramentas dos antigos carpinteiros e de mecánicos, e un sinfin de cousas de outras épocas; incluso hai unha aula de escola dos anos 50, a que non lle falta ningún detalle : a bola do mundo, o crucifixo, a foto de Franco, a percha para colgar os mandilós, os pupitres cos seus tinteiros para mollar o plumín... en unha palabra, tiña todo o que se podía atopar nunha aula en aqueles tempos. Os que os vivimos, fixonos recordar con nostalxia.

Despóis da interesante visita e baixo unha boa chuvia que nos estaba esperando, subimos todos os sendeiros ó autobús para emprender o regreso. A máis de un empezáballe a lingua a ter sede e facer efecto o cocido no estómago, pero para iso xa tiñamos pensado facer unha paradiña no camiño e tomar algun refresco que nos poidara aliviar a pesadez que levabamos nos nosos corpos. A viaxe de regreso ía facéndose ben e ó chegar a Castropol paramos como media hora, e a verdade é que nos fixo moi ben, ainda que case acabamos con as existencias de líquido que tiñan no bar.

De volta ó bus emprendemos a ruta hacia Foz, chegando sen novedade sobor das sete da tarde.