Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

 

 

 

Andareiro 49

 Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Viveiro (Lugo) 

14 de Novembro de 2008

Saída: 09:30 h  da mañán

Dificultade: Baixa

Duración aproximada: 3 h.

Crónica

   Benqueridos amigos!!! 

Desexo a través destas liñas facervos percibir os sentimentos que afloran, tanto en min, como nos meus compañeiros. Cando chegamos diante do Concello, nunha maña invernal, con auga, neve e vento, alí estades vos, 54 amigos dispostos a desafiar o tempo e pasar un fermoso día por terras de Viveiro

Xa todos no bus, ben, todos non, porque hoxe hai algún compañeiro/a que non pode estar con nós, quedan na casa por problemas de saúde, e ben que o sentimos. Son parte importante deste pilar que son Os Sendeiros

Emprendemos a viaxe, meu Deus, a tormenta de granizo non para; hai quen di: "Hai que estar tolos", pero iso si, sen perder o sorriso e a ninguén se lle ocorre quedarse. Cando chegamos o punto onde vamos comezar a camiñar, todos nos preparamos de gorro, bufanda, guantes e... paraugas; parece que vai facer falla. A verdade é que o ceo ameaza con un día de choiva intensa, e aínda que intentamos darnos ánimos de que "parece que vai clarear", non tardamos en darnos conta que xa temos enriba a tormenta. Descarga unha granizada tremenda, pero... que caramba!! se nos consola ver nevar!!! 

Á nosa dereita deixamos unha antiga escola, e pasiño a pasiño ata Ponte do Xudreiro; nada más cruzala atopamos o desvío que nos leva ata o Pozo da Ferida. O camiño nesta primeira parte está todo embarrado, hai que sortear a lama e os charcos. Cando empezamos a descender, o camiño vaise facendo máis perigoso, está moi esbaradizo, pero pouco a pouco atopámonos coa fervenza do Pozo da Ferida, magnífica, sen dúbida, un entorno impresionante. O son da auga, a natureza no seu hábitat, todo isto fai que este lugar sexa un sono. 

100_2898 por ti. IMG_0277 por ti. 100_2909 por ti. 100_2912 por ti.

Qué follón!!! Os primeiros en chegar abaixo queremos voltar e aínda están baixando os nosos compañeiros: "tranquilos, hai sitio para todos"!!! Cando vemos un bo lugar facemos unha paradiña para un tentempé e esperar polos que aínda están abaixo, así emprendemos o regreso todos xuntos. 

Volvemos sobre os nosos pasos ata unhas casas abandonadas e neste punto collemos a dereita, cara a Chavín, por unha pista forestal. Despois de todo non nos podemos queixar, o tempo está sendo respectuoso e non nos causa problemas. Pero, que digo? Si entrando en Chavín desatase unha tormenta de auga e sarabia que nos acompaña ata entrada do Souto da Retorta. Pero parece que foi un milagre ,non foi máis que poñer os pés no frondoso bosque, co Río Landro a nosa esquerda, e o ceo despexouse. Ata vimos algún raíño de sol. 

Segundo avanzamos divisamos os primeiros eucaliptos, e cando chegamos o cruce de camiños, vamos póla dereita para atoparnos de fronte co exemplar máis grandioso do bosque, "O Avó", un eucalipto de 80 m. de altura e 2,50 m.de diámetro. Ala!!! pero cantos fan falla para darlle unha aperta?- "Se son cama min, dous" (di Benito). Si,ja,ja…. eu ben vin: Benito, Tano, Silvano, Iglesias, Nesti, Lina, Roberto, Álvaro…. Magnífico entorno para deixar constancia do noso paso por este lugar, así que todos xuntiños para foto

Con tanta ledicia non nos damos conta que o tempo pasa, xa son case as dúas da tarde, aínda non degustamos os callos na Taberna do Tronco e xa tíñamos que estar no bus. Así que, a todo correr, cambiamos as botas e vamos pedindo unha tapiña. Houbo quen non tivo tempo de probalos, pero xa se sabe, hai cousas impredecibles e o reloxo é unha delas; xa nos están esperando no Restaurante Louzao para degustar un saboroso menú. 

100_2913 por ti. 100_2916 por ti. Ruta Pozo da Ferida-Souto da Retorta (34) por ti. 100_2938 por ti.

A entrada foi apoteósica, todos pensamos: "un sitio tan luxoso e nos con estas pintas", ata hai quen se atreveu a preguntar onde estaban os noivos. Creo, meus amigos, que sen dúbida, foi un bo xantar: sopa de peixe, nécora, camarón, paella, sobremesa, café, e como non, non podía faltar o champan.

Non podemos esquecer que esta foi a última saída do ano, xa non teremos ocasión de desexarvos un bo Nadal, así que agora é o momento de brindar con todos vos: pólo Nadal, pólo novo ano, e, sobre todo, por todos vos, para que sempre nos acompañedes, para que nunca esquezades que sodes a parte máis importante desta asociación, que naceu coa ilusión de facer un grupo de amigos que compartiran o noso entusiasmo pola natureza, por camiñar, e que, agora, catro anos máis tarde, pódovos dicir que ninguén de nós nos podíamos imaxinar que chegaríamos a formar un "equipo" tan bo, unha "familia" tan grande. Porque para min (e creo que poida falar en nome dos meus compañeiros/as) somos unha piña, que en cada ruta aprendemos algo novo, compartimos algo máis, pero sobre todo fomentamos AMIZADE. 

Moitas grazas por deixarnos desfrutar da vosa compañía. Oxalá dentro dun ano tamén esteamos aquí, todos xuntos. 

FELIZ NADAL E PRÓSPERO ANINOVO

 Ana