Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

 

Triacastela a Sarria

 Camiño Francés de Santiago

19 de Agosto de 2007

Saída: 08:00 da mañán

Duración aprox.: 5 h.

Dificultade: Baixa 

Crónica

O roteiro que estaba programado para o día de hoxe era á Ferrería de Bois, en As Nogais (Lugo), pero cando foi inspeccionalo o grupo que habitualmente fai esa importante labor encontrouse coa desagradable sorpresa de que o sendeiro estaba abandonado e impracticable. Así que, con moi bo tino, a directiva de Os Sendeiros decidiu que fixeramos un roteiro distinto e optou por unha etapa do Camiño Francés de Santiago: Triacastela - Sarria

Así foi como o grupo de 32 sendeiristas nos dispuxemos a ser peregrins por un día. Faltaron algúns dos habituais pero, en troques, viñeron os nosos socios que nos acompañan cada verán e algún outro que quixo disfrutar con nos de un día de sendeirismo.

 Chuviscaba cando saímos de Foz as oito da mañá, algo que ultimamente e habitual nas nosas marchas. En Triacastela estaba un pouquiño o ceo estaba un pouquiño máis claro, pero caeron unhas pingas cando íamos comezar o percorrido ás dez e cuarto da mañá. Así que non quedou mais remedio que petrecharse con os chuvasqueiros e paraugas. Saímos en dirección Samos camiñando un treito pola estrada xeral, ate que cruzamos a dereita para incorporarnos a un camiño que se adentraba a través de labradíos, aldeas, e fragas de carballos, castiñeiros, abedules e abundantes frutales. Ao mesmo tempo parou de chover, o que axudou a que disfrutaramos de tan exuberante beleza. 

Así vamos camiñando á vez que charlando, do tempo, da sardiñada do día anterior en Marzán; algún que outro chiste e ate algún e algunha votaron un cantarín. Íamos pasando por aldeas e grupos de casas sen ningún letreiro que nos indicase o seu nome. Tan só algunha, como Freituxe estaba identificada. O mesmo ocorría coas diversas ermidas que atopamos no camiño. 

Chamaba a atención a abundancia e diversidade de frutales: moitas maceiras, ameixeiras, pexegueiros, noceiras, castiñeiros, e ate vimos membrillos. Apañamos claudias dunha árbore á beira do camiño. Estaban moi doces e ata enchemos os petos. Antes de baixar á vila de Samos chegamos a un mirador dende o que se podía ver o Mosteiro de Samos. Quedamos abraiados con esta primeira vista de tan grandioso monumento.

 Unha vez na vila, aproveitamos para aprovisionarnos de víveres, tomar uns chanqueiros e por suposto visitar o mosteiro. O monxe que fixo de guía explicou amplamente a historia deste lugar, as súas características e curiosidades. Vale a pena a visita a esta marabilla que temos en Galicia, e que forma parte do amplísimo patrimonio artístico, cultural e histórico de esta España nosa.

 Despois da visita emprendemos a marcha cara a Sarria, cando xa eran as dúas da tarde. Algúns tiñamos mais fame que gañas de camiñar, pero somos moi disciplinados e seguimos as directrices dos responsables do grupo. Camiñamos outro treito pola beira da carretera ata que collemos unha pista a dereita que nos volveu a adentrar na bucólica paisaxe desta terra que rezuma verdor. As tres da tarde chegamos a un prado á beira dun río con boas árbores que proporcionaban sombra. Alí nos acomodamos para xantar, tal como si estivéramos na xira ós Loureiros. 

Despois de unha media hora de parada reempredemos a marcha e empezamos a sentir o cansazo. Non sei que ten, pero despois de comer apetece mais unha sesta que camiñar. Pero hai que seguir adiante, e así o fixemos ate que as cinco da tarde chegamos a un albergue privado chamado Paloma e Leña. Unha marabilla de albergue. Alí tomamos café, refrescos e tombámonos a bartola dispostos a non dar un paso mais ¡Que veña o autobús buscarnos! Pero non valeron de nada estas queixas, chegou o Presidente e púxonos a todos firmes. ¡Veña que quedan dous kilómetros! ¡Avante para Sarria! E demos avante ate chegar a Sarria as seis da tarde. 

Eu xa prefería pousar a lingua antes que os pes de rebentado que ía. Luís, o chofer do autobús, escarallábase á risa o vernos chegar porque algún estabamos ben escadrilados. Despois de cambiar as camisetas e os calcetíns e tomar unhas cañas, cafés ou refrescos saímos cara a Foz. O volante, Luís e meténdolle présa, Ana. Os demais abroncando a Ana: Non apures a chofer, que xa se apura el solo. E así entre risas esquecemos o cansazo e escomenzaron os cantos. Foi unha viaxe de volta abondosa en cantos, de todos os estilos: cantos de excursión, boleros, dos anos sesenta, dos oitenta , modernos, de Manolo Escobar, flamenco... 

E así chegamos con ben a Foz cando eran as 8 da tarde despois de disfrutar e haber sido pelegríns por un día.

 David Méndez.