Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

 

Balneario de Laias Caldaria

Ourense

Fin de semana do 26 ó 28 de Outubro

Saída: 15:30 da tarde

Crónica

VENRES 26

Ás tres e media da tarde do venres saímos Os Sendeiros a pasar o fin de semana no balneario de Laias, Ourense, Formábamos o grupo 47 persoas, con gañas desta nova aventura, para moitos coma a min a primeira vez.

As maletas eran de diferentes tipos a outras veces, unhas de pel, outras con rodas, outros levábamos bolsa, ben vestidos, en fin un panorama distinto a o que estamos acostumados de ver cando vamos de ruta: mochilas, bastóns, botas..... Vimos caras novas, Lanzós e a súa dona, Dulce, Amelia....... Como de costume partimos con caras de ledicia rumbo a Ourense. O día era agradable para viaxar, ceo despexado e boa temperatura.

 Íamos pasando o tempo cantando algunha que outra canción galega , escoitando as cántigas do noso universal Pucho Boedo, ata fixemos un caraoquiño de música galega. Así pouco a pouco achegámonos ás murallas de Lugo para coller a estrada dirección Ourense. Á saída de Capital de Provincia fixemos unha paradiña no restaurante Santiago, e de novo rumbo ao destino. Levábamos unhas dúas horas máis ou menos e, xa divisamos a cidade de Ourense con as súas pontes cruzando o río Miño, santo e seña da cidade das Burgas. Collemos a estrada a Ribadavia camiño de Laias no municipio de Cenlle. Eran as sete da tarde cando chegamos ás portas do balneario LAIAS  CALDARIA

De seguido foimos á recepción a recoller as chaves das habitacións, e os programas de tratamentos. Dicir que o balneario e un edificio de dúas plantas con espazos amplos e cunhas habitacións bonitas e ben acondicionadas.

 Unha vez aloxados, pasamos a recoller cadanseu albornoz branco e de seguido a disfrutar das piscinas termais. Ás nove e media cea, charlas entre uns e outros e sobre as doce da noite fomos para a cama.

SÁBADO 27

Ás oito e media amencía o día con moita néboa, tíñamos o río Miño mesmo ao lado, pero o ceo ía empuxando para máis tarde ter un bo día de sol. A verdade que daba gusto vernos como gaivotas brancas ir a desayunar, con nosos albornoces impecables, pouco a pouco imos aparecendo todos e xa comezaban os comentarios dos tratamentos: a mi tócame ás dez, ás doce, ai ó va sorte que tes, si queres cámbioche, en fin uns e outros íamos ao noso tratamento.

Os pícaros, tanto Andrea como Pablo, mentres, hasta as doce tiñan sesións de xogos para despois gozar das piscinas todo o día. Sempre un sorriso tíñanos na cara cando nos cruzamos ou cando estábamos nas piscinas, o ambiente era fabuloso. Xa todo o mundo cos seos masaxes, uns íamos a cafetería a tomar un viño, outros paseaban polos alrededores das instalacións do complexo, gozando dos encantos para as dúas da tarde xantar.

O servizo de restaurante e magnífico, e bo trato, cun comedor amplo e confortable. Sobre as tres e media saímos do comedor e tíñamos un pequeno descanso para as cinco coller o autobús e visitar os fermosos pobos de Allariz e Ribadavia.

Cerca das cinco e media chegamos a Vila de Allariz, aparcamos ao lado do museo da pel, que se encontra nun fermoso parque rodeado polo río e unha arboreda que fai todo o seu conxunto unha bonita postal. Visitamos a exposición da pel e, foimos camiñando polas empinadas rúas, empedradas todas elas, levábamos de guía a Mario e a súa dona, coñecedores como ninguén destes lugares, que nos ía contando algunha que outra anécdota, como exemplo a festa do boi, a cál trátase da solta dun boi polas empinadas rúas cunha corda e os máis valentes tratan de collelo.

Así vamos coñecendo a pobo e gozando dos seus empedrados nas casas, escudos de fidalgos, fermosas prazas, dende o máis alto do pobo, onde existiu un castelo, hoxe desaparecido porque segundo contan foron as súas pedras as que forman as rúas, e incluso algunhas foran para fora de Allariz, cousas de antes.

Ás sete de novo no autobús cara a Ribadavia, volta a cantar algunha que outra canción camiño da fermosa vila. Deixounos o autobús no alto do pobo, ao lado do castelo preto do comezo do barrio xudeu. Uns e outros fomos adentrándonos polo barrio, seguindo as explicacións do experto Mario.

É unha marabilla este lugar de Ribadavia, as súas casa ven coidadas, lugares enxebres e, cuns recunchos que fai que te encontres noutro mundo de tempos pasados. Vamos facendo o recorrido e atopámonos cunha taberna do máis orixinal: a taberna " O PAPUXA ", e digna de ver: á entrada á dereita o típico mostrador de madeira, telas de araña dun século a lo menos, ti mesmo te serves as cuncas e, na trastenda montón de barricas de viño, augardente. o viño sérveo a señora collendo unha goma que introduce no tonel e vai enchendo as cuncas unha a unha, verdadeiramente sorprendente.

 Despois da degustación do viño e chourizo, saímos de novo a ruar polo barrio, chegando a praza do pobo empedrada , onde se encontra a Casa do Concello, varias cafeterías, comercios, que todo elo forma un conxunto histórico, que che fai gozar de tanta beleza. Vai chegando a hora de ir a autobús, xa eran as oito e media e tíñamos a saída para as nove menos cuarto. Todos no bus, camiño de novo para Laias.

Fomos a prepararnos un pouco, e as nove a cea, coma sempre máis comentarios entre prato e prato, un pouco de charla no salón, outros a botar a partida, e sen máis sobre as doce de novo as nosas habitacións. No sen antes trocar a hora do reloxo.

DOMINGO 28

De novo a néboa facía a súa aparición, pero este día xa tiña algúns que outros nubarros. Eran como sempre ás oito e media e xa saímos para o desayuno, a uns de novo tocáballes o tratamento as nove, e tiñan que apurar, os que no tíñamos o tratamento a esa hora, íamos a dar unha volta polo sendeiro que ten o balneario no seu entorno.

Ás dez e media sesión de "Risoterapia", é boa verdade o ben que fai rir as persoas, formabamos o grupo unhas vinte persoas, as risas escoitábanse dende calquera punto de balneario, ¿acórdaste Aida?,

 Rapidamente as sesións dos tratamentos do corpo: Bañeira de auga quente, Chorros de auga, masaxes, Sauna, que tíñamos toda a mañá ocupada. Unha vez que dimos os tratamentos, ben vestidos, uns foron ao pobo de Laias a tomar o polbo e unhas taciñas de ribeiro, outros quedaron na cafetería do balneario, e os demais gozando da fermosa terraza tomando unha cervexa e unha tapa de aceitunas.

Como sempre as dúas o xantar, as maletas metidas no autobús, todo listo para despois as tres e media partir para a cidade das Burgas. Fixemos a fotografía do grupo diante do balneario, e mentres esperabamos a algún rezagado, tivemos tempo de cantar unhas a cancións " Adios con o corazón, que con a alma non podo..., o coro dirixido por José Luís e outra canción tiña como solista Lanzós e o resto das voces acompañando. Creo que saíu ven.

Á hora en punto saímos cara a Ourense, tíñamos hasta as seis unha visita polo casco antigo: As Burgas, mercado central, a Catedral, praza do Concello, paseo pola rúa principal, en fin un paseo relaxante e tranquilo pola fermosa cidade.

 Ás seis de volta a autobús e rumbo a Foz, Primeiro fixemos unha paradiña no Montero de Vilalba, airiños de novo de Pucho Boedo, unha película de Daniel el travieso, e as nove e cuarto en Foz. Polo que se podía ollar o grupo chegaba un pouco canso.

Creo sinceramente que a experiencia do viaxe foi boa e merece algún día repetila.

Ata a próxima

José Luís