Powered by Wikiloc
Powered by Wikiloc

Crónica

Ruta Cova de Andia


Nesta ocasión diriximos cara a terras asturianas, faremos dúas pequenas rutas.


A primeira partirá do aparcamento da cova, e ascendendo nos levara ata o alto dos Montes da Llagua. O día esta nuboso e as veces chove miúdo, subimos por unha pista forestal a través de montes de eucaliptos e piñeiros, durante a subida escoitase de fondo as campas da igrexa do val, tocar o himno de Asturias para chamar a misa, nos intres en que non chove e sae unha raiola de sol, podemos ollar toda a contorna, o lonxe vemos iluminado por un raio de sol, Foz e Burela, durante toda a ascensión corre a auga pola camiño a baixo, levamos xa moitos días chovendo. Durante o descenso admiramos dúas cascadas a nosa esquerda provocadas pola auga que escorre, fan un rumor moi agradábel, a así pasiño a pasiño chagamos a Lebredo onde collemos o bus que nos achegara ata a cova.

IMG_20160306_131031   Covas de Andía - Lebredo  Covas de Andía - Lebredo  Covas de Andía - Lebredo


No aparcamento da cova, que ten un merendeiro cuberto aproveitamos para comer algo e recuperar forzas, para logo percorrer a cova uns 2Km. As doce que é a hora na que temos reserva para a visita iniciamos o percorrido polo seu interior, dicir que non é exactamente unha cova, é un paraxe protexido que foi unha explotación mineira romana, onde extraian ouro, a guía vainos explicando de forma moi amena e entretida todo o relativo a mina, cando e como se explotou, a vexetación que se atopa e porque e así de frondosa, a fauna que podemos ver, as paisaxes que deixou a forma de explotación da mina e as súas cores, merece moito a pena a visita.


Unha vez terminada esta ruta montamos no bus e dirixímonos cara a Valdepares que onde imos xantar, no restaurante Salas, exquisita comida e un trato familiar moi agradábel, deste xeito poñemos fin o día de hoxe, en boa compañía.


Ata a próxima.
Un saúdo Morís.