Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

Album de Fotos

Andareiro 9

Ruta "Río Cares"

Poncebos - Posada de Valdeón

Día 12 de Xuño de 2005

Saída as 06:30 da mañán

Duración: 7 h

 

A saída será dende Poncebos en Asturias, segue bordando o río e despóis dunha lixeira baixada achegámonos á ponte Bolín, onde vemos discurrir o río Cares nas profundidades da garganta. Varios túneles excavados en plena pena conducennos ate á Ponte dos Rebecos. Chegando a Caín a senda estreitase. Dende este punto da ruta quedan ainda uns nove km para chegar ó final.

En Cardiñanes atopamos o Mirador do Tombo. Pasando o Chorco de los lobos atravesamos a Majada da Corona onde según conta a lenda foi coroado o rei D. Pelayo. Dando por finalizada a ruta, despóis de unha suave subida, en Posada de Valdeón na provincia de León.

 

Crónica

Por fín tiñamos un amencer con ceo limpo de nubes e unha temperatura propia das datas en que estamos. As seis da mañán partimos de Foz 33 Sendeiros con ánimo de comer o mundo. Víanse algunhas caras con gañas de seguir na cama, pero tamén con ánimo de emprender a marcha para terras de Asturias e León.

O día foi abrindo e xa se podía ver que íamos ter unha xornada expléndida para a práctica do sendeirismo. As oito fixemos unha parada no Restaurante Lupa en Cudillero; tomamos un bó desayuno e así repuxemos forzas para afrontar a mañán. Partimos de novo camiño de Poncebos pasando antes polas poboacions de Avilés, Gijón, Villaviciosa, moi preto de Ribadesella saímo da autovía por Llovio para seguir por Arriondas e pasar polaantiga Capital do Reino de Asturias: Cangas de Onís. Na entrada desta poboación pódese ver a ponte romana coa Cruz da Victoria colgada nela. Na dirección de Covadonga tomamos o cruce a esquerda que nos levará a Arenas de Cabrales. Dende eiquí ainda faltan uns5 k. para chegar ó punto de partida da ruta Rio Cares en Poncebos.

Neste punto baixamos do autobús e, con as mochilas ó lombo todo o grupo emprendeo a marcha polasenda que comeza cunha subida bastante forte e con unhas vistas impresionantes do río, amáis dunha fronte de montañas verticais maxestuosas.

Entes Tuto e mais eu tivemos que facer de guía do chófer do autobús para facitar a maniobra e poder sair se problemas da zona onde nos deixara.

Como decía antes, empeza a senda con unha pendente bastante forte, pero a verdade é que se alixeiraba con as panorámicas que podíamos contemplar. O grupo íase alargando pero sempre en contacto a cabeza coa cola, pois hai que decir que nesta ruta Os Sendeiros de Foz estreamos unha parexa de Walkis, un dos soños que tiñamos.

Seguea senda un pouco en baixada na busca do disfrute destas paraxes, que sen desmerecer doutros lugares, e paradisíaco. Seguimos avanzando e metendonos nas profundidades que nos fai o camiño, tendo sempre presente a ambos lados as impresionantes montañas que levamos de compañia.

9ruta005.png (4276459 bytes)

9ruta008.png (376311 bytes)

9ruta002.png (346701 bytes)

9ruta009.png (4165699 bytes)

A senda era, a medida que íamos avanzando un verdadeiro ir e vir de xente de todas as idades: xovenes, menos xovenes, maires, en grupo, en parellas... un mundo de xente amante da natureza. Xa tiñamos alguns km nas pernas e seguimos a camiñata con un sol expléndido e sen nengun problema. Soamente comentarios do que íbamos vendo: os grandes acantilados, as belezas da montaña, as cabras subidas nos sitios mais inaccesibles na busca das herbas; estes animais nótase que teñen costume de ver o paso da xente todolos días, porque non se inmutan nin fan ningún xesto: están o delas, as suas herbas.

Sigue o camiño, feito pola empresa eléctrica Ibedrola para canalizar a auga do río cares dende Caín para facer a central hidráulica que hai en Poncebos para servicio da bisbarra de Cabrales. O canal pódese ver durante o percorrido. Leva a auga moi fría e a moita velocidade. Así vamos dando conta da ruta e chegamos a primeira ponte que cruza o río chamado Bolín. Dende esta paraxe pódese un recrear coa beleza do río. A Ponte do Rebeco e de ferro e cruza o río a bastante altura. Dende aquí falta pouco para chegar a Caín, ainda temos que pasar por un tunel ganado a montaña, que ainda no está de máis levar unha linterna, non polo perigo senon pola escuridade e pola auga no chan. Pasamos o tunel e volvemos ó día topándonos con unha pequena central hidráulica que é a que nos indica o comezo do pobo.

Neste lugar pódese tocar a auga de Cares pola sua cercanía. O pobo de Caín é pequeno e moi bonito, apenas unha ducia de casas ben coidadas, varios restaurantes e tampouco faltal os postos de souvenirs.

No restaurante La Ruta ó mesmo pé do río estaba esperándonos Ana con o primeiro grupo; o resto víñamos un pouco máis atrás. Xa cansos e que fame, fomos sentandonos nas mesas dun comedor ó aire libre, que foi elexido por Ana días antes e querémola felicitar. Nun marco incomparable, onde os haxa, fómonos relaxando e comentando as vivenzas do tramo da ruta que levamos feita. Comentarios e anécdotas había para todolos gustos: que se moito tardades, que beleza de paisaxe, ¿e as montañas, qué?, o río impresionante. Xa levamos media hora esperando, así entre comentario e comentario fumos dando conta do menú: Ensalada mixta, tortilla, unhas tablas de embutido e queixo, postre e café.

O lugar era tan paradisíaco e estabamos tan a gusto que casi votamos unha hora e media non se movía ninguén. Pero aínda había que facer nove km. así que non quedaba máis remedio que poñer os pes en polvorosa. Xa alguns do grupo se arrancharon de algun pao para afrontar o reto que tíñamos diante. Saímos de Caín afrontando unha pequena costa que a esquerda podemos ver unha bela fervenza. Xa empezaba o grupo a facer algunha que outra fotografía o seu carón.

9ruta012.png (4750537 bytes)

9ruta015.png (4114903 bytes)

9ruta017.png (3777283 bytes)

9ruta018.png (4301238 bytes)

Unha vez feita a visita, seguimoso camiño ate chegar á fonte Teja oscura, unha fonte de gran chorro de auga que casi ninguén dudou en tomar un bon trago e refescar a cachola. O sol, e máis a costa que estábamos subindo eran os verdadeiros protagonistas da tarde. Seguimos pouco a pouco ate chegar a la Majada de la Corona donde se dí que foi coroado o rey D. Pelayo. Dende este paraxe ainda se podían ver no alto das montañas os restos da neve caída durante o inverno.

A subida ate chegar agora ó Mirador el Tombo, onde hai unha estatua en homenaxe á Cabra. Dende o balcón do mirador disfrutamos de unha gran vista de todo o val.

Continuamos o rumbo marcado, e durante un km temos o gran reto de un 8% de desnivel que non queda máis remedio que pasalo. Menos mal que ao paso por unha pequena aldea temos donde tomar un bon trago de auga.

De novo retomamos a marcha, cos pés xa bastante cansos, cando por fin chegamos a un chao que nos fai moito ben a estas alturas da camiñata; este último tramo é duns dous km. Será ate o final do mesmo perfil, levando de novo o río de compañeiro á dereita que remata en un belo embalse con un sendeiro que or bordea. As caras cheas de ledicia ao ver as primeiras casas do pobo que marcan o remate da ruta. Posada de Valdeón. Alí nos agardaba o bus que nos levaría de regreso a Foz.´É un pobo pequeno, tranquilo, de montaña, e con infrastructura suficiente para pasar uns días de placer paseando polas suas ruas. Ten fama de ter bos queixos de cabra.

Como media hora de descanso foi o que votamos no pobo: tomar uns cafés, estirar as pernas, cambiar a camiseta, a que tíñamos posta... a suada que levaba era boa.

9ruta022.png (3902696 bytes)

9ruta027.png (5781975 bytes)

9ruta031.png (4795030 bytes)

As sete e media emprendemos a marcha no autobús hacia Foz, baixando o porto do Pontón que nos leva a Cangas de Onís. Son uns 70 km dunha bela paisaxe, pero con unha baixada e curvas ao longo de todo o seu percorrido que dificilmente olvidaremos. Pasamos por Osaja de Sajambre, pobo de montaña e que ainda petence á provincia de León. Dende eiquí ainda quedan trinta e catro km para acabar a baixada do porto.

Unha vez en Cangas de Onís xa foi mellor a carretera; cruzamos o pobo cara a Arriondas. Tomamos o cruce en Llovio para coller a autovía en dirección a Gijón, pasando por Avilés, para facer a última parada en Cudillero e así darlle un descanso ó chofer que ben o merecía, e mentras nós tomar un bocado, pois xa eran as once da noita e aínda quedaban polo menos duas horas para chegar a Foz.

A verdade é que todo o grupo estaba bastante canso despóis da paliza que durante o día, dende as seis e media da mañan que saímos da casa, e chegar ó redor da unha da noite. O corpo non estaba para moitas alegrías.

Os Sendeiros de Foz debemos ser de outra raza.

9ruta025.png (5000210 bytes)

9ruta033.png (195506 bytes)

9ruta034.png (4635610 bytes)