>
Crónica
Belén de Cumes 2024: Penido Vello
Para este último roteiro, como xa é tradición, fomos poñer o Belén, na cima do Penido Vello.
Xuntámonos en Ferreira para logo
desprazarnos en coches ata o
punto de partida do roteiro, que
é na subestación eléctrica. O
día esta nubrado con algún claro
pero fai moi boa temperatura.
Deixamos dous coches no punto de
inicio e comezamos a camiñar,
neste ascenso ao Penido, levamos
un coche de apoio, xa que as
previsións meteorolóxicas non
son moi positivas. Imos subindo
gozando das magníficas vistas
que temos, o Val de Ouro, a
costa, a serra do Xistral,
contemplamos os cabalos e vacas
que andan libres pastando por
esta zona. Cando xa chegamos á
cima, empézase a meter a néboa e
unha brisa fría, así que
montamos o Belén, facémonos unha
foto e comezamos un rápido
descenso ata os coches,
trasladamos o brinde e a festa
do cume a Ferreira que aí fai
sol e non dá o aire.
Grazas a todos por facer unha
vez máis posible estas saídas,
tan agradables e entretidas.
Felices
festas e feliz aninovo.
Un saúdo.
Morís.