Powered by Wikiloc
 
 

Crónica

Belén de Cumes 2023

Este ano subirémolo a colocar no Virín. Concentrarémonos pola mañá na capela do Carmen en San Martiño, para subir ao pico e depositar alí o belén.

Aos poucos imos chegando á capela, preparámonos, subimos as cousas ao coche de apoio e comezamos a camiñar dirección a cima. O día esta marabilloso, moi boa temperatura, teremos visibilidade. Collemos o camiño que sae pegado á capela e bordea a área recreativa deste lugar. Somos un bonito grupo, os nenos están emocionados é unha bonita tradición. Imos subindo por unha pista de saburra algo deteriorada, xa que están a sacar madeira dos montes linderos. Imos charlando e camiñando, gozando das magníficas vistas, de estar rodeados de eucaliptos e piñeiros, que fan un bonito carreiro. Así aos poucos chegamos ao alto, onde está a caseta dos forestais. Preparamos o lugar para protexer un pouco as nosas figuras, e os máis pequenos colócanas á súa maneira. Tomamos un pequeno refrixerio, tortilla, empanada e orellas, brindamos polo nadal e facémonos a foto de grupo. Gozamos da magnífica vista en 360 graos, da comarca. E comezamos o descenso ata a capela onde comezamos á primeira hora.


Grazas a todos por este marabilloso día.


Bo nadal e próspero aninovo.


Un saludo.

Morís.