Powered by Wikiloc

Crónica

ENCONTRO RIO OURO E PRAIAS DEFOZ 2016


Un ano mais e xa van dez, voltamos a organizar o encontro, xuntámonos tódolos participantes chegados de terras Asturias e galegas, na praza Conde de Fontao, no peirao do pobo.


É aquí onde se fai o reparto da mochila co avituallamento, e o ticket para o xantar, os participantes aproveitan para tomar un café e ir o baño antes de partir.


Despois de unhas verbas explicando o programa e as palabras do señor alcalde, montamos nos buses e imos cara a saída da ruta de hoxe.


Comeza a camiñata na zona de Fontao, onde esta a presa para a captación da auga de Foz, e un fermoso sendeiro rodeado de castiñeiros e avéllanos, que bordea o rio Ouro, camiñase en ringleira gozando da paisaxe e do rumor das augas do rio.


Na fabrica vella da luz atopase no rio un grupo de persoas que están a participar no primeiro encontro de batedores de ouro no rio. dende aquí o camiño volvese mais ancho e rodeado de eucaliptos, ata chegar a ponte vella. É aquí onde ollamos a ria de Fazouro, seguindo o camiño chegamos a Obra Pia, onde se come algo para repoñer folgos e ir o baño.

 20160922_111223  IMG_0325  IMG_0589  IMG_0774


Dende este punto comeza o paseo das praias, que vai bordeando todo o litoral ata o peirao de Foz, como o dia acompaña pódese gozar da vista, fermosas praias, cantís nos que bate o mar, e toda a costa e as serras que a limitan ata Asturias.


Os primeiros chegan despois do medio dia, toman algo, recuperan forzas, e ollan como se asa á grella os toros de bonito do norte, que despois poderán degustar.


Despois das 14:30h, comezase a repartir as bandexas co bonito, o bolo preñado e iogur e unha vez rematado o xantar un pequeno baile para baixar o xantar.


Con isto ponse fin o encontro deste ano.


Un saúdo.

Morís.