Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

Album de Fotos

Andareiro 12

Senda del Oso

Asturias

Día 18 de Setembro de 2005

Saída as 8da mañán

Duración: 5 h

 

Dende Foz pola carretera da Coruña, N-634, ate Trubia, tomar a AS-228. Despóis de cruzar o río Trubia pola ponte da Esgarrada, na área recreativa de Tuñón ate o Entrago.

A Senda dedicada ós plantigrados Paca e Tola, os máis famosos da fauna española. Ten a sua orixe no pasado mineiro do val do Trubia. No ano 1862 foi proxectada unha vía férrea que permitira sacar o mineral dende os altos fornos de Quirós ate a fábrica de ferro de Trubia. Algunsanos máis tarde, a vía férrea ampliou un ramal que comunicara con as minas de Entrago. Un século despóis a vía férrea caía no abandono. O tramo de 33 km que vai dende Entrago a Tuñón foi recuperada para o turismo e, despoxada de raís, foi coberta de cemento para establecer sobre ela a famosa Senda del Oso. A ruta é moi fácil. Abundan as pontes que permiten varios cambios de orilla e sobor de todo un bon número de tunel de pequena lonxitude. Existen varias áreas de descanso, en Tuñon, e Villanueva entre outras.

Visitas: Posibilidade de ver a parexa de osos no seu medio natural. En Proaza existe a parada obligada na casa do Oso ( exposicións e información de grande interese.

 

Crónica

As 8 da mañán partimos de Foz, con o ceo cheo de nubes, un grupo de 37 persoas con gañas de disfrutar o domingo por terras de Asturias. En Ribadeo xa estaba esperándonos Teresa con empanadas e bolos preñaos que lle habíamos encargado para xantar ó medio día.

Seguimos o camiño sin facer paradas, pasando polas poboacións de Cudillero, Avilés ate Oviedo donde collemos en dirección a Trubia para chegar ao comezo da ruta en Entrago (Teverga). Comentar que na entrada de Oviedo caeu un forte chubasco que nos fixo pensar o peor. Chegamos a Entrago, comezo da ruta, as 10,45 h, e alí mesmo nunha taberna tomamos uns cafés para coller ánimos e emprender a marcha.

As 11 h en punto, posamos todo o grupo para os fotógrafos que temos para facer a foto de rigor que en todalas rutas facemos. E con a misma emprendemos a Senda del Oso.

Esta senda está adicada ós plantígrados Paca e Tola máis famosos da fauna española. Ten a sua orixe no pasado mineiro do val do Trubia. No ano 1862 foi proxectada unha vía férrea para permitir sacar o mineral dende os altos fornos de Quirós ate a fábrica de ferro de Trubia. O tramo de 22 km vai de Entrago a Tuñón. Foi recuperada para o turismo e ten varias áreas de descanso, destacando as de Villanueva e Tuñón entre outras.

Con as mochilas ó lombo emprendemos a marcha, e á cabeza coma sempre a nosa guía Ana, controlando a todo o resto do grupo detrás dela, e pechando a comitiva Zamora, Tano, Fiallega, Benito e José Luís.

O percorrido vai nunha suave baixada e con bó piso, rodeados de castiñeiros, por certo cheos de castañas e incluso moitas tiradas no chan.

100_0269.JPG (1048407 bytes)

100_0273.JPG (1644107 bytes)

100_0270.JPG (1189709 bytes)

Levábamos o río Trubia todo o camiño de compañeiro, máis unhas zoas de prados moi ben coidados, limpos e con árbores frutales en moitos deles. Algunha mazá comimos e estaban boas. A senda ía transcorrendo sen problema ningún. No km. 11 cruzamos a estrada por unha ponte de ferro e, adentrándonos en varios túneles escavados nas montañas deste belo paisaxe.

Seguimos camiñando ate chegar a Proaza, poboación onde se atopa o museo adicado ó Oso. Neste momento xa levábamos uns 15 km. O grupo de cola íamos un pouco rezágados, e atopamonos con Pablo que se encontraba cunha lesión nos pés porque lle mancaban as botas. A verdade é que non iba ben.

Pouco a pouco todo o grupo o fumos animando, xa faltaba pouco para chegar a Villanueva, lugar onde íamos a parar para xantar. Pasamos ó lado donde se podía ver a famosa parella de osos, pero por máis que o intentamos, nese momento non saíron ó noso encontro. Nos comentaron que tiñan unhas horas para  poder velos, cando baixaban na busca de comida, sobor das 12,30 h e as 05,30 da tarde.

Pensamos que sería mellor xantar primeiro na área de descanso. Xa eran as 3 da tarde e había fame no grupo. Sin máis compartimos as empanadas de bonito e carne, bolos preñaos, queixo, xamón e viño, bebida tal vez un pouco escasa. Para a sobremesa degustamos un bó licor de 7 herbas, xentileza de Aurita que o trouxo de Cataluña. Benito para fastidiar a Aurita decía que ó licor non valía nin para limpar as brochas.

Despóis do merecido descanso e amena sobremesa, emprendemos de novo a marcha cando eran máis das tres e media da tarde, xa que aínda nos quedaban  por percorrer uns 4 km para chegar ó remate da senda en Tuñón. Antes pasamos polo pobo de San Adriano que segundo unha faladora anciana, díxonos que se levaban moi mal cos veciños de Proaza, pois querían todo o protagonismo dos famosos osos somentes para eles.

No final da senda estaba esperándonos o autobús para voltar a visitar a parella de osas Petra e Tola, que saían a xantar de novo as cinco e media. Mentras uns foron velas, outros decidimos qudarnos nunha taberna e seguir con o noso descanso. Os nenos voltaron tolos de contentos, e cheos de ledicia; por fin contemplaran as osas no seu hábitat, xantando unha boa merenda a base de mazás.

100_0277.JPG (1265219 bytes)

100_0281.JPG (1156527 bytes)

100_0291.JPG (1683138 bytes)

A volta a Foz fixémola pola estra N-634 rumbo a vila de Grado, para pasar pola Cabruñana, pendente que primeiro súbese para baixala ate chegar a Cornellana, no cruce tomar a estrada que nos levará a Pravia na dirección a Soto del Barco, onde collemos a N-632 para xá deixala en Foz.

Nesta viaxe non houbo parada no camiño, parece que estábamos un pouco cansos e tíñamos gañas de chegar as nosas casas. Cando chegamos a Foz eran as nove da noite, e creo que dende as sete da mañán que levábamos levantados o cansanzo facíase notar nas nosas caras.

Decir que a Senda del Oso é unha ruta que se adapta a todas as idades e a varias modalidades: a pé, bicicleta e incluso a cabalo, pero faise un pouco rutinaria por ser todo o percorrido moi parecido.

Os Sendeiros pasamos outro bon día de compañeirismo no entorno da natureza