Powered by Wikiloc

>  

 

Crónica

Rota Balboa - Parajis

Ben, para o primeiro roteiro despois do verán desprazarémonos a terras leonesas, á zona dos Ancares, a Balboa, para percorrer o curso do río Balboa augas arriba.


Comezamos en Balboa diante da súa igrexa, para coller dirección a Chan de Villar, xunto á palloza de Chis desviámonos á esquerda, por unha pista herbosa entre carballos, tamén atopamos algún castiñeiro. Esta noite andou traballando pola zona o xabaril, xa que atopamos numerosas mostras do seu labor ao longo do carreiro. Chegamos a unha portilla feita cun somier vello amarrado con cordas, abrímola e cruzamos sobre unha ponte de madeira o río. Aquí comeza unha senda paralela ao leito do Balboa, pola súa esquerda, con avellanos, haxas, carballos e castiñeiros, tamén breixo e moitas silvas que nalgunha ocasión dificultan a marcha. No noso camiñar gozamos do rumor das augas, do frescor da sombra de vexetación exuberante, neste fermoso día asollado, temos que sortear numerosas zonas embarradas polos regachos que flúen cara ao río. Chegamos a unha nova ponte de madeira, en non moi boas condicións, cruzamos sobre as augas e comezamos o pronunciado ascenso a Parajis, paraxe sorprendente co tempo detido na súa rúa de vivendas con destartaladas solainas, muros de sillería, casas de dúas plantas, teitos louseiros e cerramentos en madeira; aínda que non vemos paisanos, dános a benvida un xigantesco castiñeiro centenario rodeado por figueiras, loureiros, maceiras, cerdeiras, perales. Ten censado un habitante, destacando a súa ermida única en España: aquí consérvase unha talla do demo á que os veciños do pobo chaman cariñosamente Demín, convive coa talla do bando contrario que dá nome á ermida: Capela do Anxo da Garda (ambos reciben devoción e respecto por igual).


Aproveitamos para comer e beber algo e así repoñer forzas, para logo comezar o descenso ata o punto de partida, percorrendo á inversa o carreiro que nos trouxo ata aquí.


Cambiámonos de roupa, gozamos deste pintoresco pobo, coa súa palloza, facemos a foto de grupo sobre a ponte de madeira, subímonos ao bus e dirixímonos a Casa Dositeo, onde faremos a comida de confraternidade do día de hoxe.
Fermoso día, grazas a todos por facelo posible e ata a próxima.

Un saludo.

Morís.