Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

Andareiro 33

XX Travesía Costa Naviega

 Navia (Asturias)

10 de Xuño de 2007

Saída: 09:00 da mañán

Duración aprox.: 6,5 h.

Dificultade: Media  

 Percorrido:   

 Esta ruta é sen lugar a dúbidas a máis coñecida do concello de Navia (Asturias). Foi no ano 1988 cando o Grupo de Montaña "Peña Furada" deuna a coñecer creando a I Travesía da Costa Naviega, chegando a ter un gran éxito de participación, e sendo incluso record "Guiness" no ano 1991. Este éxito non é fortuito pois á excelente organización úneselle un marco incomparable

Crónica

Amenceu con sol radiante, pero cada un dos 52 sendeiristas de Foz que íamos participar nesta travesía levábamos chuvasqueiro. Despois de varios días de choiva mirábamos con desconfianza ó ceo, e pregábamos para que o sol que brillaba con gañas se aguantara todo o día.

 As 9 h partimos cara a terras naviegas para realizar o roteiro que faría o número 33 da historia da nosa Asociación Os Sendeiros de Foz. Cando chegamos a Bao xa había moitos sendeiristas de diversas partes de Asturias, Galicia e outras comunidades autónomas cercanas. Un grupo de gaitas amenizaba a espera, que os responsables dos grupos aproveitaban para establecer lazos de amizade e dar a coñecer os seus proxectos. Por fin, as 10:30 h, comezamos a camiñar. Unha morea de xente enchía o camiño. Segundo o persoal do Grupo de Montaña e Aire Libre Peña Furada, organizadores do evento, máis de 1200 inscritos estabamos participando na travesía.

 Axiña atopamos o río Barayo, do cal disfrutamos por un largo treito. As augas baixaban claras e abundantes, debido as intensas choivas dos días anteriores. Camiñabamos ente piñeiros e eucaliptos e, á beira do río, alisos e sauces. Antes de chegar á desembocadura ascendemos por un camiño que nos levou a un mirador dende o que puidemos admirar a preciosa praia de Barayo, declarada Reserva Natural Parcial. Os mais vellos recordamos a película titulada El Cristo del Océano con escenas rodadas nesta praia: nunha cova da mesma fixera o neno protagonista atopara a imaxe do Santo Cristo. Nesta película do ano 1971 traballaron entre outros actores José Suárez e Pilar Velázquez. 

Seguimos camiñando pretiño dos acantilados admirando as vistas da costa naviega, as recoletas calas, o mar tranquilo. Cando levábamos unhas dúas horas de marcha, chegamos a Puerto de Vega, fermosa vila pesqueira que conserva todo o sabor e atmosfera mariñeira do que tanto gustamos os focegos e tanto botamos de menos. No ano 1995 foi galardoado co premio ó Pueblo Ejemplar de Asturias. Algunhas rúas lucían preciosas alfombras florais na honra do Corpus Christi. Algúns simplemente as admirábamos, os máis profesionais xulgaban o traballo e tomaban nota, seguramente para aplicar algún deseño na vindeira festa do Carme en Foz.

 Fixemos un pequeno descanso e aproveitamos para tomarmos unhas cañas, cocacolas, e hasta vermú. E mentres tanto recordar a amizade que antigamente existía entre as xentes dos dous pobos, Puerto de Vega e Foz , por razóns de compartir pesqueiras ou por formar parte das tripulacións dos mercantes costeiros que sucaban as augas do Cantábrico. Así temos xente de Foz  casada en Puerto de Vega, e viceversa. Un recordo para todos eles. 

Continuamos a marcha, e seguimos a disfrutar da beleza desta costa, con numerosos illotes e castelos, rica en especies coma o sargo ou a lubina, un paraíso para a pesca submarina ou para o disfrute da paisaxe subacuática. Cando levábamos algo mais de 3 horas de marcha cegamos á praia de Frexulfe, á que accedemos tras cruzar unhas pequena marisma con un rego no que croaban abundantemente as ras. Alí aprovisionáronnos con unha bolsa que contiña un bolo preñado, un prostre lácteo e unha mazá, dos que demos conta á sombra duns eucaliptos. 

Retomamos o camiño para percorrer o último tramo. E fixémolo en subida, baixo un sol de xustiza, e a ameaza de choiva. Este tempo tormentoso fixo que apurásemos o paso coa esperanza de acabar antes de que empezara a chover. Mesmamente caeron algunhas gotas e moitos puxemos os chuvasqueiros. Que houbo que quitar inmediatamente porque o sol volveu a quentar con forza. Así fomos recorrendo un bo treito tratando de disfrutar do camiño, pero a preocupación pola metereoloxía e o cansazo que empezaba a facer mella o impedía. Cando cegamos a un alto, un equipo da organización estaba a repartir sangría, fresquísima e deliciosa. Isto xa era na zona de Andés. 

Proseguimos a marcha a bo paso, admirando as pequenas calas ate que ó lonxe apareceu a torre branca o faro de San Agustín. Isto significaba que xa estabamos preto do remate da travesía. Así fómonos acercando a bocana da ría de Navia ate que cegamos a unha pista asfaltada. Alí outro equipo repartía vasos de chocolate. Ao pé mesmo atópase a praia do Moro coa Pena Furada, que da nome á Asociación organizadora de esta travesía. 

Camiñamos un pouquiño mais e xa chegamos á praia de Navia, preciosa e con unha bonita área de descanso, onde finalizou a travesía cando eran as cinco da tarde. Pouquiño despois de finalizar comezou a chover con gañas. Menos mal que nos deixou rematar o roteiro. Despois de un bo descanso e de aproveitar para tomar algún refresco nos bares da zoa, emprendemos a marcha de volta para Foz   

Penso que hai que felicitar o Grupo de Montaña e Aire Libre Peña Furada pola magnífica organización desta XX Travesía da Costa Naviega. 

David Méndez.