Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

Andareiro 21

Ruta "Valle del Silencio"

Ponferrada - León

18 Xuño de 2006

Saída: 06:30 da mañán

Duración aprox.: 7,30  h.

Dificultade: Alta

 

Datos de interese: O val do Silencio, entre carballos, nogais e castiñeiros, as casas de Peñalba, ocultan un dos máis importantes monumentos de arquitectura mozárabe de España. Álzase a igrexa, único resto do mosteiro que fora fundado por San Genadio alá polo século X, entre 931 e 937, durante o reinado de Ramiro II.

Percorrido: Saímos dende o pobo de San Cristobal de Valdueza, por unha pista en suave descenso que nos leva ate Peñalba; sigue o sendeiro e achéganos cerca da Cova de San Genadio. Dende eiquí comeza unha subida que nos fai ver a bela panorámica do val. Chegamos ó alto e comeza o descenso ate chegar ó pobo de Montes de Valdueza. Seguimos baixando ate chegar a depuradora das augas e seguimos ó pobo de Manzanedo, remate da ruta. A paisaxe invita a quedarse. O silencio toma forza e recorda aquel grito de cállate con que o santo ordeou ó rio desaparecer baixo as pedras para que o ruído non interrumpira as suas oracións. 

Crónica

Por fin as dúbidas que tiñamos os días anteriores de tormenta sí, tormenta non, quedaron en nada cando nos levantamos da cama e o ceo decíanos que íamos a ter un bó día.

As seis e media da mañán somos 37 sendeiros os que partimos a terras do Bierzo. O días estaba con néboas e boa temperatura, e como sempre o bon humor tamén o había. Esta vez o chófer que nos levaba era Luís Nuñez, o gran gardameta do C.D. FOZ na década dos oitenta.

Según íamos polo interior da provincia continuaba a néboa e incluso na autovía A-6, na altura de Lugo, comeza unha choiva fina que nos fixo poñer alerta a todos; pero só foi unha falsa alarma pois nada máis pasar o alto de Pedrafita o ceo estaba completamente despexado cun sol radiante que se mantuvo todo o día. As oito e media facemos unha paradiña en Valcarce para tomar café, comprar pan, bocadillos, etc.

Retomamos o camiño e recreámonos con a campiña que tíñamos diante: extensións de viñedos, cerdeiras a rebosar de cereixas, manciñeiras, toda unha beleza dunha paisaxe chan que nos achega a Ponferrada. Cruzamos a cidade, tomando na salida a estrada en dirección a San Cristobal de Valdueza, punto de partida da ruta. Para chegar a este pobo a estrada faise un tanto estreita para o autobús, principalmente ó paso por Los Barrios, que pasamos casi tocando as belas balconadas das suas casas adornadas con xeranios roxos, cunhas hortas ben coidadas, e cereixas e máis cereixas, algun Sendeiro púxose as botas.

As dez chegamos e somos recibidos a entrada do pobo por un Teixo, arbore milenario, atópanse os poucos que quedan ó lado de algunha capela. Con as mochilas ó lombo emprendemos a marcha ó final do pobo, tomando unha pista de terra a dereita en baixada suave, ó borde da ladeira que nos fai que vexamos unhas fermosas vistas da espectacular paisaxe que temos diante, pobos cativos coas suas casiñas de pedras, metidos dentro dunha frondosa vexetación que ten todo o val. Así vamos facedo o camiño ate chegar despois dunha hora ó pobo emblemático por excelencia de Peñalba de Santiago. Un señor do lugar comentóunos que foi uns dos primeiros declarados Patrimonio Nacional, fora nomeado na época da última república.

 Fumos dando un paseo polos seus rincóns disfrutando de toda a sua beleza: ruas pequenas e estreitas, adoquinadas, coas as casas de pedra con bellos balcons de madeira, todas restauradas, e no medio álzase a igrexa do século X de estilo mozárabe, cun altar con a figura de San Genadio e outro con Santiago o Pelegrin. Esta última figura é singular e posiblemente nunca vista noutro lugar. Ten este monumento outra peculiaridade: o campanario está separado da parte principal.

Despóis da visita e descansar un pouco, facemos a foto de rigor de todo o grupo e emprendemos de novo a ruta. Son as once e media cando poñemos os pés a andar e a partir de aquí a senda vai a ter as maiores dificultades. Collemos polo sendeiro que nos marca a direccion a Mondes de Valdueza, nun comezo é chao, pero pouco a pouco vai  adentrándonos no medio do monte en constante subida cada vez mais forte, que nos leva ó punto mais alto dun macizo sin unha sombra donde resgardarse. A beleza do seu entorno, as cabras saltando, e as vistas impresionantes que nos ofreceu, non sei si pagou o sacrificio que para alguns foi demasiado. O calor que facía nestas alturas era moi forte e claro, como dí o dito, O que se sube hai que baixalo, despóis de un pequeno descanso emprendemos a forte e longa baixada con coidado pois era fácil resbalar con as pedras soltas que había.. Pouco a pouco fomos baixando ate tomar o chan, eras as duas da tarde. Xa todo o chao pasiño a pasiño fúmonos achegando ó pobo Montes de Valdueza, en plena restauración. A entrada do pobo, debaixo de unhas inmensas carballeiras posiblemente algunha sexa milenaria, decidimos xantar, pois xa eras as tres, e como sempre os bocadillos de costume: empanadas, tortilla, xamón , de todo. Algun que outro comentario, e as tres e media continuamos a marcha, pero non sin antes facer unha paradiña para dar descanso ós pés. algunha que outra queixa podíase oir no grupo, e así paso a paso achegámonos á estrada que vai ós pobos de San Clemente e San Esteban de Valdueza, e a un km máis ou menos tomamos unha ponte á dereita que nos levará polo medio dunha frondosa e inmensa carballeira ate o pobo de Manzanedo.

Este último tramo en constante subida (menos mal que había moita sombra) facíase moi largo e interminable, aínda quedaba como unha hora para o remate, que para algúns eran moitas máis. Uns a outros vámonos animando ¡Veña, xa falta menos! ¡Dentro de pouco temos unha fonte! ¡Ánimo!  Así ate divisar un pequeno cemiterio que indica o pouco que nos queda. Saudamos á fonte Tio Vicentín sin pensalo por un momento, todos fumos a ela ¡Qué auga! fría e transparente, mollamos a cara, bebemos uns bos grolos, comemos unhas cereixas, descansamos e cruzamos o pobo donde ó final estaba o autobús esperando. ¿Qué hora era? as seis da tarde, casi nada.

Cambiamos os calcetins e a camiseta, voltamos a descansar e cando nos dispomos a subir ó autobús e repasamos os Sendeiros do grupo, vemos que faltan sete. ¿Qué pasou? pois sinxelamente que nos se deron conta da marca do desvío que indicaba a saída da estrada e foron tranquilamente na dirección do pobo de San Esteban de Valdueza, un pouco nerviosos tratamos de localizálos, pero eiquí en Manzanedo soamente hai cobertura para o celular nun punto. Uns veciños volcáronse na busca de solucionar o problema; despóis de un tempo corto por sorte dimos con o paradeiro deles, e sin mais demora fumos na sua búsqueda, autobús en marcha e rumbo ó seu encontro. Volta a Ponferrada e a os poucos km encontramos tranquilos os fillos pródigos, sirva isto para outras rutas e percatarse das recomendacións que damos sempre ó comenzo delas.

Xa tranquilos e todo o grupo xunto, emprendemos a marcha de novo cara a casa, facendo unha paradiña de novo en Valcarce para tomar unhas cañas e mercar algunhos productos da zona. Cansos de verdade, foron pasando os km ate chegar a Foz as dez e media.

Pido disculpas a todos, pos a verdade que si o trazado en sí era moi duro, facíao máis ainda a sua longa duración, foron oito horas de camiñata. Perdón.

Até a próxima.

José Luis.