>
Crónica
Ruta Travesía Costa Naviega 2025
Un ano máis nos achegamos ata Navia, para participar neste bonito encontro, que organizan os nosos amigos de Peña Furada.
Chegamos con tempo para
prepararnos, tomar un chocolate
quente con biscoitos, facernos
unha foto de grupo, falar con
amigos doutros clubs, que tamén
asisten a esta marcha. Despois
dunhas breves palabras das
autoridades, dáse o pistoletazo
de saída. Nós optamos por coller
outro camiño para evitar o tapón
da saída e imos ata a aldea de
Vigo para coller a senda. O día
esta marabilloso, loce o sol, o
que nos deixa unhas vistas
espectaculares desta parte da
costa asturiana. Esta serpe
multicolor vai percorrendo o
carreiro, debuxando o perfil da
costa, pasando polas numerosas
calas, coas súas augas claras
dun azul turquesa que nada ten
que envexar ás do Caribe.
Chegamos a Porto de Vega,
fermosa vila mariñeira, onde
aproveitamos para tomar algo e
hidratarnos. Continuamos o
camiño, falando cuns e con
outros, gozando as vistas e a
compañía, e case sen darnos
conta xa estamos na praia de
Frijulfe, onde nos dan a bolsa
có avituallamiento. Paramos
nesta praia para comer
tranquilos, o que a organización
nos preparou, ao terminar
continuamos o roteiro, desde a
praia toca subir ao alto do
cantil, para continuar en
dirección a Navia. Á metade de
traxecto entre a praia e o
final, agasállannos cun vaso de
sangría fresquiña, que coa calor
que fai senta moi ben, e axuda a
coller forzas para afrontar o
último tramo do día de hoxe.
Chegamos a Punta da Barra, desde
onde vemos a entrada á ría de
Navia e a súa praia, xa case
estamos a terminar, baixamos á
praia e collemos o paseo que nos
levará ata Navia, dirixímonos
ata o noso autobús e poñemos fin
ao roteiro de hoxe.
Grazas a todos, e á
organización.
Un saúdo.
Morís.