Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

Andareiro 20

Ruta "San Adrian - San Andrés de Teixido"

Cedeira - A Coruña

21 de Maio de 2006

Saída: 08:30 da mañán

Duración aprox.: 2,30  h.

Dificultade: Baixa

 

Percorrido: Saída da parroquia de San Adrián (Ortigueira), collemos o camiño que nos leva a San Andrés, e de seguido chegamos ao lugar do Casón para visitar as ruínas do castelo (torre de vixianza sobre a ría) na serra da Capelada. De seguido chegamos ó chan da Armada ate chegar ó cruceiro de Teixidelo onde se atopa o amilladoiro máis grande do camiño. Dende aquí comeza unha pequena costa que nos leva ó Santuario. Chegamos a San Andrés de Teixido, unha pequena aldea, onde se atopa  a capela coas reliquias do Santo de gran devoción en Galicia, e unha fonte milagreira. A San Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo.

Crónica

Con o ánimo de sempre partimos de Foz 32 sendeiros para pasar o día por terras das Rías Altas. Notóuse a falla de David, que o temos lesionado, que se mellore para que poida voltar pronto ao grupo.

Como non podía ser de outra forma dende un tempo atrás, o ceo tíñamolo cheo de nubes negras que facía presiaxar un andareiro con choiva. Os máis optimistas con a boca pequena dixemos que hoxe non ía chover. Facía moito calor e vento do vendabal.

Á hora prevista partimos na dirección de Ortigueira, non sin antes coller ós andareiros de Fazouro; pasamos por Burela, Xove, Viveiro, e chegando a Vicedo comezan as primeiras gotas de choiva, que xa no nos deixa ate a chegada a San Andrés de Teixido.

A San Adrián, parroquia de Ortigueira, chegamos as 10 da mañan; baixamos de autobús con chubasqueiros postos, pois a mañán non estaba para bromas. Fomos a unha taberna a tomar o café de costume, e ao mesmo tempo ollar si paraba un pouco a auga que caía. Non podía facerse máis a espera, e con un bon augaceiro emprendemos a marcha as 10,45 h. A esquerda da taberna collemos por unha pista un pouco empinada que nos vai adentrando polo medio dun eucaliptal ¡segue a choiva!, a ruta non é dificil; ten unhas pendentes suaves e chaos, pasamos pola parroquia de Biduido, íamos anegados de auga por todolos costados. Seguimos a camiñata e comezan a verse vacas e cabalos soltos pacendo libres pola campiña; o camiño vai cruzando uns prados e de seguido atopámonos cunha estrada que nos leva a beira do Cruceiro de Teixidelo, onde se atopa o amilladoiro mais grande do camiño. Neste lugar tan alto notábase moito máis o vento, merece a pena unha paradiña para o disfrute do belo paisaxe. Dende eiquí vamos en costa abaixo, e sin choiva. Ainda faltaba un kilómetro para chegar a San Andrés de Teixido.

Chegamos ó Santuario as 01:15 h. con un sol e vento que facía pensar que cambiaramos a outro país. Como xa temos a lección ben aprendida todos os sendeiros trocamos a roupa por outra seca e limpa, para algúns como min, foi moi boa a enseñanza da última ruta  por terras de Muxía.

Con roupa limpa fumos a pasear pola pequena aldea de San Andrés de Teixido, e como dí o dito A San Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo, uns a tomar un viño, outros a mercar unhas roscas milagreiras, beber uns grolos na fonte dos tres canos, visita a igrexa, ollar os postos de souvenirs; o paseo foi ate as duas da tarde.

Xuntamonos na área recreativa que teñen a carón do mar, o resgardo do aire, a verdade que o marco e incomparable. Fúmonos sentando nas mesas de granito, e entre bocado e bocado e un trago de viño de cando en cando, vamos dando conta das empanadas, chourizos, xamón, tortilla que uns e outros levábamos. Entre contos e algunha que outra anécdota foi pasando o tempo ate que as 03:30 da tarde decidimos emprender o regreso, pero esta vez xa en autobús.

Tomamos a dirección da serra da Capelada e visitar o Mirador da Herbeira a 620 m. de altitude; son impresionantes as vistas que temos dende esta lugar a tanta altura, espectaculares acantilados, vento con unha velocidade asombrosa, en fin para recordar sempre. De novo tomamos a estrada ate Cariño, pobo mariñeiro moi bonito que forma xunto con Ortigueira a ría do mesmo nome. Dende aquí vamos a Cabo Ortegal e visitamos o Faro dos Aguillóns a 120 m de altitude e con unhas vistas da ría dende outra perspectiva da anterior. A tarde seguía soleada e con boa temperatura.

Seguimos a ruta entre cantarín e cantarín, con que nos foi deleitando Cabrera, felicidades polo seu bo humor, achegámonos a tomar un café a Bares. Pobo mariñeiro, coqueto, cunha praia preciosa, un verdadeiro remanso de paz. No medio da ría atópase a Illa Coelleira donde aínda se pode ver unha garita vixía noutros tempos.

Tomamos o café, paseamos pola ribeira, polas ruas estreitas, pola praia, todo elo moi relaxante. De novo tomamos o bus e saimos a estrada xeral, pasando polo concello de Mañón, donde se encontra o pobo de O Barqueiro a esquerda e a ría do mesmo nome, de gran beleza; pasamos ó lado da antiga ponte de ferro, proxecto do arquitecto Eiffel, na actualidade estase a restaurar, merece a pena o seu coidado. Así vamos facendo o camiño e pouco a pouco fúmonos acercando a Foz. Eran as 8 da tarde cando chegamos diante da casa do Concello.

Os sendeiros de Foz pensamos que foi un bó día, e mereceu a pena mollarse para despóis disfrutar da gran beleza que temos no noso entorno. Día de terra e mar.

Até a próxima.

José Luis.