Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

 

 

 

Andareiro 52

 Ruta do Camiño Real 

De Ferreira do Valadouro a Mondoñedo 

8 de Marzo de 2009

Saída: 08:30 h  da mañán

Dificultade: Media/Alta

Duración aproximada: 5,5 h.

Crónica

 Con un autobús abarrotado de sendeiristas dispostos a pasar un bo día de domingo, saímos de Foz, con dirección a Ferreira, onde nos esperan os nosos compañeiros de camiño da Asociación "Paso Miúdo" e "Camiño Norte".

Uff!! Qué batallón!!, non sei nin cantos somos, creo que ninguén o sabe, pero o importante é que todos estamos unidos por un mesmo lema, que é o de compartir camiño; e que mellor momento para fomentar amizade, intercambiar experiencias, vivencias, proxectos... e quen sabe, quizás no futuro os lazos sexan fortes.

Case con puntualidade botamos andar dende a Casa de Cultura do pobo de Ferreira, collemos unha pista que nos vai levar ata Ponte do Frenazo, non sen antes escoitar algún que outro comentario, pois a verdade é que está todo bastante enlamado e hai quen vai estreando os deportivos, já, já... menudo comezo!! seguro lle quedan moitos camiños máis, así que se vaia habituando.

Pasamos a Ponte e xa vemos o Castelo de Pardo de Cela; deixámolo á nosa dereita e facemos un pequeno reagrupamento, pois as subidas fannos camiñar máis despacio e vamonos distanciando. Nestes intres aproveitamos para degustar as rosquillas de Julita, as galletas de Vidal, que pena!! hoxe Lidia non está con nós, senón seguro que tamén tocaba o delicioso chocolate con améndoa que leva sempre.

Aquí chegan os rezagados, coa cara sorrinte pero xa me gastan a broma de turno, o meu amigo Antonio dime: "si esta é media-alta, como será a alta". "Uhi! isto aínda era a media, agora empezamos a alta" -lle sigue a broma Luciano.

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo por ti.

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo por ti.

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo por ti.

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo por ti.

Seguimos o camiño, sempre en lixeiro ascenso, e na seguinte paradiña, xa todos veñen coa chaqueta na man e comentando a calor que fai, a verdade é que o día non pode ser mellor, non luce o sol pero está un fermoso día, moi bo para camiñar.

Chegamos a unha casa abandonada; abandonada? Iso foi o que pensamos, pero para sorpresa de todos alí estaba unha familia a que case todos empezaron a saudar, claro, como que son veciños nosos, que pasan alí os domingos. Por certo tiñan a lareira acesa, mágoa que non avisáramos -di a dona- pois teríamos unha empanada. Unha? Non lle chega a nada señora -lle di José- detrás ven un rexemento deles defamados.

Si, a pregunta agora é canto tarda para xantar ,que teñen moita fame. Aproveito para facer unha foto de Benito, David e Tino. "Sen barriga (di David) porque xa di meu pai, que máis que andar, dedicámonos a comer.

Seguimos o noso sendeiro e chegamos a unhas enormes rochas, e nunha delas hai unha Cruz, que representa a morte de unha veciña do Valadouro que foi asasinada cando ía para Mondoñedo.

 Quen me chama? É José ("Cachas"para todos) que me trae algo na man. Que bicho é este? Tremendo achégome a el porque me temo o peor, é que si vos confeso algo, algún bicharraco prodúceme pavor. Para miña sorpresa é unha ra,"que non escape, unha foto", pero alá vai, dando un gran salto escapa. "Collela, collela". Todos intentando cazar a ra. Por fin, agora si, xa está plasmada nunha foto e de recordo no albúm dos Sendeiros.

Outra subida, nun pequeno repeito ven un tronco e alí se sentan: José, Julita, Mª José, Silvano, David, Toñi e Javier. Que pena non estean todos, xa faciamos a foto de grupo, porque o final vamos ir sen ela. Canto falta? esa é a pregunta. Aínda queda arredor dunha hora e media, así que hai que seguir.

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo por ti.

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo por ti.

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo por ti.

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo por ti.

E, así, pasiño a pasiño os que vamos en cabeza chegamos o final, pero.. .recibo unha noticia de José Luís, faltan dúas persoas, Eva e Aida, que non cunda o pánico, a través do teléfono conseguimos localizalas, non pasa nada, un despiste nun cruce, elas mesmas chegan as casas de Coubeira e dende aquí vanse o restaurante, ou sexa, que despois de todo chegan antes ca nós.

 Con un pequeno retraso chegamos o Montero, debemos estar todos famélicos porque cando chego xa están todos sentados á mesa, iso si, comentando as anécdotas do día entre bocado e bocado .Para rematar o presi propón un brindis por tódalas mulleres, hoxe é o día da Muller Traballadora, e xa sen más emprendemos o regreso a casa.

Ei!!deso nada, de aquí non nos vamos sen quitar a foto de grupo, así que abordamos o xardín pero non nos vamos sen ela, so faltaría non ter o recordo do día adicado o socio. Agora si, xa podemos irnos, anda, pero eu pensei ían moi cansos despois da camiñada, pero parece que non, aínda queren que os deixe o bus no Recreo, non che digo, o vindeiro día faremos a ruta un pouco máis longa.

Nada más benqueridos amigos e compañeiros, o meu maior desexo é que sigamos unidos neste sendeiro da vida e que no seu percorrido vaiamos fomentando unhos lazos de amizade e compañeirismo que iluminen o noso camiño.

Moitas grazas, unha aperta desta guía, que con erros e acertos, sempre intenta que cheguemos a bo porto.

Ana