Os Sendeiros

de

Foz

Firmar o Libro de visitas
Ver libro de visitas

PRINCIPAL

Rutas ano 2009

II Encontro na Pontenova

Fin de semana no Xurés

Bosque de Peloño

Camiño Real de Ferreira a Mondoñedo

Ruta das Praias de Tapia

Ruta Río Masma

 

Rutas ano 2008

Asamblea e Cena Anual 2008

Pozo da Ferida e Souto da Retorta

Monte Roxal a Teixido (Trabada)

Entorno de Grandas de Salime

II Encontro Río Ouro

Santiso -Mens (Malpica)

Senda dos Monxes

Sardiñada  2008

Subida a Monte Castelo 2008

Illas Cíes

Senda do Oso coa Asoc. de Disc. Virxe do Carme

A Pontenova 2008

Fin de semana en Potes

Carretera da República

Mazo de Meredo

Miño - Eo

Río Grande/Río Pequeno

Rutas ano 2007

Pazo de Mon

Cena Anual 2007

Río Lor (O Caurel)

Balneario de Laias

I Encontro Río Ouro

Triacastela - Sarria

Camin Real de la Mesa (Somiedo)

Sardiña 2007

Subida a Monte Castelo

XX Travesía Costa Naviega

As Médulas

Cabo Vilán

Los Castros (Boal)

Carnaval 2007

Ruta dos Pozos

Pau da Vella - Rueta

 

Rutas ano 2006

Ruta Costeira Ribadeo-Barreiros 

Ruta do Ferrocarril 

Devesa de Rogueira (Courel)

Camiño de Santiago

I Encontro Río Ouro

Sábados de Agosto

Cabo Fisterra

Bosque de Moal

Sardiñada 2006

Valle del Silencio

San Andrés de Teixido

Costa da Morte

Froseira, Cova do Demo

 Ínsuas do Miño e Rio Rato

 Mondigo

 


Rutas 2004 -2005

Rio Sor I

Ruta Cornería

Ruta A Frouxeira

(Ruta da AugaTaramundi)

Fervenzas de Oneta

Pedras Apañadas

Ruta das Augas (Mondoñedo)

Ribeiras do Sor

Ruta do Cares

Fragas do Eume

Ruta Río Ouro

Senda del Oso

Lagos de Saliencia

Senda Costera (Muros de Nalón)

Ruta do Vento e Fraga de Vilapena (Trabada)

2005 día do Socio

 

 

Álbum de Fotos

Camiño de Santiago

Do 27 de Agosto a 1 de Outubro de 2006

 

Os Sendeiros de Foz inicia este ano o " Camiño de Santiago " por etapas, e que serán durante os Domingos. A primeira etapa comeza o Domingo 27 de Agosto e a derradeira o Domingo 1 de Octubro. O recorrido e en sete Etapas, facendo unha cada Domingo e máis o sábado 30 de Octubro.

Crónica

1ª ETAPA  FOZ - MONDOÑEDO 

27 de Agosto - Saída as 8 da maña diante do Concello.

 O día amenceu cun sol de autentico verán, ceo despexado e un grupo formado por 34 andadeiros cheos de gañas de facer o " Camiño ". Saimos a hora prevista e dirixímonos a Vilaxuane para adentrarnos polo camiño da estación do FEVE que nos leva a Corredoira donde tomamos a dereita da estrada xeral para pasar por Mañente, e seguir por Vilaronte para achegarnos a Celeiro de Mariñaos do Concello de Barreiros, donde faremos un agrupamento dos camiñantes. Ata eiquí non xurde ningún problema todo era ledicia pola novedade do Camiño, e como non a beleza da campiña que tiñamos diante dos ollos, belas casa restauradas, campos ben coidados, en fin unha bela paisaxe. Paradiña en Celeiro e volta andar para elo retomamos a ruta polo camiño que indica á Ermida que nos vai levando en costa polo medio do monte e podemos ollar unhas vistas panorámicas do val de Lousada, o polígono industrial, e ao fondo a canteira de Isidoro xa preto de a Cazolga. Así achegámonos a Vilamar e de novo xuntámonos o grupo, tomamos un pequeno bocado e pola estrada xeral tomamos rumbo a Lourenzá, Vila que celebraba as festas Patronais do Conde Santo. Xa estábamos nas doce, uns compramos bocadillo, e outros descansamos un pouco diante do albergue. 

A unha retomamos o camiño de novo, adentrándonos por un sendeiro algo en costa pero de terra que se deixa pisar ben, así continuamos ata o alto de Arroxo e baixamos pola antiga estrada donde abaixo pasamos diante da capela da Virxe de Guadalupe para meternos de novo por un sendeiro fermoso con moitos árbores, casa abandoadas que algún tempo seguro que tiñan moita vida dentro delas, pexigueiros, manciñeiras, algunha que outra horta de pementos, algúns comimos algo destes bes naturais. Xa estabamos cerca das duas da tarde e facía mella a fame, o calor facíase sentir no corpo, ¡ o sol era abrasador!. Seguimos o camiño por San Lázaro. Na entrada podíase ver unha horta con uns tomates xigantes, enfrente un maxestuoso pazo digno de unha película, comentaban que o dono e un médico de Lourenzá. Pouco a pouco seguimos ata chegar moi cansos á sombra da Catedral de Mondoñedo. Xa eran as tres da tarde, alí estaba esperándonos sola., comentamos algunhas anécdotas do viaxe e acto seguido á beira da estatua do ilustre escritor de Mondoñedo D. Alvaro Cunqueiro, nunha das terrazas, dimos conta da comida que levábamos, acompañadas por unhas cañas de cervexa ben fría. Entre conto e conto o tempo vai pasando, ás cinco e media o autobús estaba esperando a carón da fonte Vella para levarnos a Foz.

 Cansos pero seguro que todo o grupo quedo satisfeito da experiencia, que tivo durante toda a xornada Ata a próxima

José Luis

2ª ETAPA MONDOÑEDO - CHOUZAS (VILALBA)

 03 de Setembro - Saída as 8 da maña diante do Concello

 De novo os Sendeiros partimos de Foz as 8 da mañá para facer o segundo tramo do Camiño, Amenceu cun sol de xusticia que facia presaxiar un calor temeroso durante todo o recorrido. En Mondoñedo dan as 9 e con as mochilas ao lombo partimos deixando atrás as angosta e empredadas ruas, collemos o sendeiro que vai ao lado da Fontevella, que nos leva a unha pista asfaltada. A altura de san Caetano contemplamos unha ampla panorámica da ciudade, pronto chegaremos a Barbeito en lixera subida,  máis adiante alcanzamos o núcleo de Valiñares. 

En Mariz continuamos na dirección de A Fraga e Padín, aínda apenas comezamos e xá había algunha que outra protesta dentro do grupo ¡Qué duro! ¡ Si o sei, non veño!, pero no pasaba de ahí. O trazado deste último treito está flanqueado pola pendente montañosa da nosa dereita. Plagada de bosque con variedade de especies arbóreas, mentras á nosa esquerda terras de labor que adéntranse no río Valiñares, división das duas cadenas montañosas, adornado polos pequenos núcleos de poboación con casas de pedra e teito de grosas pizarras. A fatiga faise sentir nos corpos, o calor e de asustar. Os Sendeiros seguimos sen medo o camiño. Un poco máis adiante podemos ollar a curiosa e pequena Capela de San Vicente, pasamos pola pista de asfalto cuio trazado serpentea as rugosidades montañosas e chegamos a Lousada cunha cota de 400m. E por espacio de un km. iniciamos unha revirada ascensión para chegar a Sasdónigas a 500m de altura. Na fonte da Xesta  aproveitamos para facer un descanso e tomar un grolo de auga, cruzamos a N-634 para subir por unha pista de terra a altura de Gontán de arriba, na cume coñecida como A Xesta. Superados algún que outro escollo do camiño, seguimos por pistas da concentración deixando os lugares de Casanova e Carballiños. Un rústico cruceiro nas inmedacións do camiño sinala a baixada a Gontán, pasada a capela e a ponte do río Labrada ascendemos a Abadín. Neste punto levamos uns 16 km. e un cansanzo que facía mella nas nosas pernas, Foron unhas 4 horas de camiñata. 

En Abadín descansamos como media hora para retomar de novo a ruta. Aínda quedaban 11 km. para achegarnos a Chouzas, o calor que tíñamos era infernal alomenos 30ºC, e non corría unha brisa, pero bueno en ¡pé e pa diante!, nada máis abandoar Abadín sorprendenos con a fachada da igrexia de Santa Maria, de orixen medieval, resconstruida no século XVI. Sendeiro abaixo cruzamos o río Abadín e topámonos con Os Castros, Regueira e Rigueira, continuamos o camiño prácticamente chao, unha ponte medieval do río Portela e o muiño próximo lévannos a San Juan de Castromaior e Barral no límite con o Concello e Vilalba, neste entorno a morfoloxia xeográfica na época de choivas, presenta superficies inundadas. O grupo comenta, todo moi bonito, pero entre o calor e o cansancio, non estamos para moitas festas. No alto de Martiñan facemos de novo unha paradiña e de paso xantar un pouco, cruzamos a N-634 , e case sin poder evitalo temos ante nos unha ponte medieval de tres arcos sobre o río Batán denomidado " A Ponte Vella " e que nos leva a Chouzas, caserío que está nun tramo do camiño sobre un novo humedal. Algúns do grupo xa comeza a sentir algunha que outra ampolla nos pés, fatiga, e gañas de rematar. Chegamos a Chouzas, e despois dun pequeno descanso e coma eran as tres e media, entre todos decidimos continuar ata Goiriz que aínda quedaban catro km, e con máis pena que gloria voltamos ao camiño pasando por diante de dous cruceiros que nos introducen en Goiriz atravesando o coñocido " Barrio do Cristo ". Unha vez que chegamos a Goiriz o forno non estaba para " Bolos", sentíase falar de todo : Non pode ser. Eu, non veño máis. Esto e un sacrificio. ¡Pero, eu a quen matei! A verdade que o día foi dun sol de xusticia, poucas sombras, nin unha sola brisa, polvo, e para remate 31 km. nas pernas, non era para menos. Ao final non pasou de meras anécdotas, e o grupo de Sendeiros chegamos a Foz as seis e media da tarde sin novedade.

José Luis

3ª ETAPA GOIRIZ - SAN ALBERTE 

10 de Setembro - Saída as 7,30 da maña diante do Concello 

Á hora prevista, de novo partimos de Foz Os Sendeiros para facer a 3º etapa do camiño, os comentarios no autobus foron todos eles sobre a derradeira etapa : Moito calor, fatiga, cansanzo, pero voltaron as gañas de camiñar. As oito e media máis ou menos chegamos ao bar Helvetia en Goiriz. Tíñamos bon tempo para camiñar, alomenos non facia o calor sofocante da última. Seguimos o percorrido ao borde da estrada N-634 donde podemos admirar un fermoso cruceiro con belas imaxes, cruzamos a estrada e por camiño de terra alcanzamos Fontoira, e máis ala Liñares e logo o núcleo de vivendas do Francés, pasamos por As Casasnovas e chegamos a Vilalba, considerada a Capital da " Terra Cha ", que conserva o Torreón dos Andrade construído no século XV.

 Facemos un reagrupamento e saímos de Vilalba na dirección de Baamonde. Pasando a gasolineira tomamos á dereita en baixada por un camiño e despois de atravesar unha ponte sobre o río Labrada chegamos primeiro a Penas Corveiras, e logo a Cova. Ao Pouco que camiñamos pasamos unha ponte de madeira e atravesamos un grupo de caserios donde os cabazos e as contruccións de pedra con as suas balconadas de madeira estan presentes como : Seara, Sabugueiros, Gabín, Castro, Regovide e Raiola. Xa levamos 7 k. dende Vilalba cando chegamos a San Juan de Alba , A igrexa e o campo da feira faínos ir pola marxen dereita da C-634, pasando por Torre-Pedrouzos, Costián e Coutado. Por estes lugares observamos o avanzado que esta o trazado da Autoestrada do Cantábrico. Seguimos camiñando na dirección do río Labrada, que o cruzamos grazas a ponte de Saá, contrucción de orixen medieval con varios arcos, feito a base de grosas laxas de pizarra. De novo unha pequena paradiña, un grolo de auga, unha chocolatina, .. e seguimos en descenso ata Casasnovas. Xiramos a esquerda no mesmo límite dos Concellos de Guitiriz e Vilalba, e chegamos a Fonte Pequena, neste punto levamos uns 15 km. andados.

 Dende As Penas seguimos a camiño ata Casa Zarrulleiro, nas proximidades de Pígara, e dende eiquí o camiño vai paralelo pola C-634 xa no Concello de Begonte. Pasamos debaixo do tunel da autoestrada, e unha recta lévanos a Baamonde. Nesta poboación paramos a xantar e tomar unhas cañas de cervexa : uns no bar, outros no albergue, tomamos café, Ana, a Guía selou as credenciais, e despois dunha hora e media máis ó menos emprendemos de novo o camiño, xa o reloxio marcaba as tres e media. Xiramos á esquerda para cruzar a antiga N-VI. Un novo túnel permítenos pasar a vía do tren, pasamos por Vilariño por un desvio a dereita que intérnanos nunha ladeira montañosa, e seguimos pola pista de terra que vai paralela ao río Parga ata chegar a San Alberte ( Guitiriz) final do percorrido e con 23 km nas costas. Neste lugar atópase unha igrexa da mitade do século XV, e que tamén destaca a fonte de auga cristalina ( de ela bebimos todos), e a ponte con dous arcos. Reagrupado todos,  pensamos que estábamos ben das pernas e decidimos seguir un pouco máis, aínda era cedo e sin máis seguimos outros 3 km. ata San Breixo, para elo xiramos na igrexa de San Alberte por un estreito camiño en pendente cun fermoso muro de granito á nosa man dereita. Cruzamos pequenos caserios como Regodaviña, Fonte e Costoiras ate alcanzar San Breixo de Parga. Foron tres km máis os que camiñamos para a próxima etapa. 

Decir que foi un bo día de camiñar, e que resultó sin ninguna novedade, eso sí con gañas de que chegue a próximo Domingo para facer a nova etapa. As oito chegamos a Foz, dende logo bastante cansos e con gañas dunha boa ducha de auga quente.

José Luis

4ª ETAPA SAN ALBERTE - SOBRADO DOS MONXES 

17 de Setembro - Saída as 7,30 da maña diante do Concello 

A hora prevista 7,30 da maña, de novo Os Sendeiros partimos de Foz no autobús para comezar a 4ª etapa. Cun ceo cheo de nuves, aire do sur e cunha ameaza de choiva. Como xá na etapa anterior camiñamos ata San Breixo de Parga, tres km máis adiante de San Alberte, comezamos a etapa dende este pequeño núcleo de casas. Este percorrido vai moito por asfalto. As nove en punto tomamos á esquerda o camiño que nos fai pasar por interesantes edificacións medievales, dos pequenos pobos de Caínzos, Ceboleira, e Seixón, neste último burgo encóntrase a Casa Museo de Chacón. Chacón e un persoeiro moi singular e afable que dedica a sua vida a esculpir en pedra todo tipo de encargos no seu pallar que fai de taller. Brindounos a sua casa e poder ver en ela recordos, e todos os seus efectos persoais, eu tiven a oportunidade de falar un pouco con él, e a verdade que a sua maneira de vivir encantoume. Non ten xefes, nin horarios, todo o día e para sí. Seguimos o camiño despois da paradiña, levábamos un poco de barruzo nas costas e chegamos a Pedranegra no concello de Friol. Máis tarde chegamos a Santiago de Miraz, cuia torre e preciso visitar. Facemos unha paradiña para repoñer forzas, tomamos un café de pote, sellamos as credenciais, e de novo a seguir o camiño. Levamos neste lugar 9 km andados. 

Tras superar Outeiro a altura de Laxes saimos da estrada e atravesamos en ascenso por sendas de montaña ata alcanzar a " Pena de Mira". Neste punto hai 633m de altitude. Voltamos a baixar ata a conca do río Portalamas, pasando por Devesa. Neste indicador a Familia Devesa de Foz (Luciano, Gloria e Julita ) fixo unha foto para a posteoridade. seguimos camiñando pasando por Mantelle,Carballosa, Roxica. Superado o arroyo Corral chegamos a Marcela. En Marcela xa eran as duas e media e con fame e despois de levar 24 km. nunha taberna pequena decidimos xantar e tomar unhas cervexas, e coma non descansar un pouco que ben o tíñamos merecido.

 Sobre as tres e cuarto partimos de novo Os Sendeiros e acercámonos a Corteporcos, Pedramaior, ata alcanzar o límite de Provincias Lugo-A Coruña na altura do Marco das Pías. Aquí levamos 29 km. andados. Fixemos un reagrupamento para decidir si seguimos un pouco máis para gañar para a próxima etapa. Eran as catro e media, e o grupo iba ben, todos decidimos chegar a Sobrado dos Monxes xa na Provincia da Coruña. Seguimos pola estrada ata chegar as parroqias de Vilariño e Mesón, neste núcleo tomamos á dereita para adentrarnos por un bonito sendeiro, costa abaixo, pouco a pouco vamos facendo o recorrido e chegamos a unha fermosa e grande Lagoa cuberta moita dela por plantas "Potos" ( estas plantas nacen no fondo da Lagoa, salindolles ao exterior un capullo branco moi fermoso), ten un bonito paseo de madeira, patos,e conta cun laboratorio " Ictioxénico " nel estudian os cultivos e os peixes. Despois de disfrutar da bela paisaxe chegamos a Sobrado donde estaba esperándonos o maxestuoso Mosteiro dos Monxes. Xá eran as sete cando pisamos a poboación e con 37 km. nas pernas. A verdade un pouco cansos. Visitamos como se pudo o Mosteiro, descansamos, estiramos as pernas, e voltamos ó autobús para cambiar os calcetís, poñer outra camiseta, e rumbo a Foz.

 Unha paradiña no restaurante Montero de Vilalba, e as 9 e media chegamos á casiña. Non se pode crer, os kms que fixemos, pero e certo. 

José Luis

 

5ª ETAPA: SOBRADO DOS MONXES - ARZÚA

24 de Setembro - Saída as 7,30 da maña diante do Concello 

 Saímos de Sobrado, despóis de tomar un cafetiño, coa ilusión de desfrutar do percorrido ata Arzúa, pero, nada máis empezar a camiñar, caen as primeiras gotas de chuvia, pensamos que eran unhas gotas ¡que ilusos! a chuvia non só non nos abandonou en todo o camiño, senón que a cada paso chovia con máis intensidade. Calados como ibamos ata os osos, aínda tiñamos ánimo e non desperdiciamo-la ocasión de achegarnos os árbores e disfrutar de unhos deliciosos pesegos e como non,unhas uvas moi sabrosas…¿Porque será que a froita sabe mellor collida das árbores?  En Boimorto fixemos un reagrupamento, e nunha pequena cantina, tomamos un tentempié para coller forzas e seguir baixo a tromba de auga que caia do ceo. Xa tiñamos claro que non ía parar de chover en toda maña; aínda asi ninguén perdeo o sorriso, e percorremos os 9Km.que nos faltaban ata Arzúa .O chegar animámonos un pouco pensando en quitar toda aquela roupa que pesaba unha tonelada, pero non, aínda tivemos que dar voltas arredor do pobo: o autobús nunha punta, a xente noutra, unha odisea para xuntarnos todos…. Por fin, ¿estamos todos? Si, parece que xa quitamo-la molleira e o sorriso volta ás nosas facianas. 

Amigos,o bo de todas estas calamidades e que compartimos tantas experiencias,boas e malas, que en cada saída a nosa amizade fortalecese. Moitas grazas, nunca deixedes de ser vos e compartir un anaco do voso tempo con Os Sendeiros.

Ana

6ª ETAPA ARZÚA - MONTE DO GOZO 

30 de Setembro - Saída as 7,30 da maña diante do Concello 

Coma sempre a hora puntual saímos Os Sendeiros diante da Casa do concello, algún equivocouse ó coller o autobús. A estas horas normalmente somos nós os que esperamos diante do Concello, pero este sábado a Coral de Foz tamén iba para terras de León a entonar o seu repertorio, e tiñan a saída a mesma hora. Uns saudos entre todos e rumbo a Arzúa. A mañá amanecía con barruzo que fáinos presaxiar un día de choiva. As nove e media chegamos a Arzúa  cando aínda o pobo estaba a dormir. Non chovÍa pero as nubes facían ter un ceo mouro que lle costaba abrir a mañá. Tomamos uns cafés, compramos pan, auga e as dez emprendemos a camiñata.

 Os paraxes por donde ia transcurrendo a senda era magnífico, frondosa carballeira, castiñeiros, xa empezan as castañas a facer presencia polo chan, pódese aventurar que vai a ser un bo ano de castañas. O camiño en chao, e moi ben sinalado. Sigue o camiño e chegamos a un burgo de casas a entrada de Salceda e lémos un cartel diante dun bar que di : "Non te deixes enganar "; estando lendo, sae o dono e comentanos que o pon porque un pouco antes do bar hai un home que aconsella non parar aquí, sino que o faigamos no seguinte bar. A verdade que no camiño temos para tódolos gustos. Despóis da anécdota seguimos camiñando para chegar ao agrupamento que xá seria en Salceda, alí nun bar facemos unha paradiña tomamos uns tragos cun pincho para repoñer forzas pois o reloxio tiña as doce e era a primeira parada que facíamos.

 As doce e media emprendemos de novo a marcha e ao pouco de comenzar empeza unha gran chuvascada de auga que para algúns hasta lle prestou, ibanche todos arranchados de boas prendas para a choiva : Capas, Pantalóns, chuvasqueiros, en fin todo un desfile de modelos, como lle prestaba estrenar as prendas a : Sonia, Benito, Jesús, Geo,... o único que iba como un pordioseiro era eu, e coma sempre cabreado por non levar o mismo ca eles. Menos mal que aínda con todo tiven sorte e eles mala, porque ao cabo de unha hora parou de chover, senon non sei que sería da miña vida. As duas e media pasamos por Santa Irene, un pobo cunha área de descanso moi bonita e cun refuxio para abrigarse do mal tempo, tamén dispón de dous albergues, un público, e outro privado. Uns a outros íamonos animando para poder chegar ao punto de Xantar. Vamos con alemáns, ingreses, arxentinos. Todo o camiño e unha mestura de nacionalidades e idiomas. Así as dous e media chegamos ao albergue de Arca, donde nos estaba a esperar o resto do grupo. Descalzamos as botas  para dar descanso a os pés, e nun comedor amplo, todos xuntos puxémonos a comer. Eu ben deitei de Benito e Jesús pois a miña comida erache ben lixeira. Visitamos as instalacións do albergue: unha boa cociña con vitrocerámica, auga quente, limpo e ben atendido pola sua responsable. Tomamos café cunhas gotas de raspa nunha cafetería do pobo e cando o reloxio marcaba as tres e cuarenta emprendemos de novo a marcha. 

Dende eiquí o camiño sigue coa mesma tónica:  moitos peregrinos, boas pistas, e hasta o aeroporto algunha costa pero facil de andar. Ao paso pola beira das pistas do aeroporto vímos o despegue de varios avións, o seu ruido e ensordecedor. Así chegamos ao Cartel que nos anuncia: SANTIAGO, diante del, algúns facemos unha fotografía para a posterioridade. Aquí xa comeza o cansazo, iban aproximadamnete uns vinte e dous km. nas pernas. Pero facendo de tripas corazón seguimos para diante ata chegar a o pobo de Lavacolla as seis da tarde. Unha pequena paradiña ao lado da igrexa e cruzamos a estrada xeral para subir ata o chao de Vilamaior donde encóntrase ao pé da estrada un extenso refuxio da Fauna : Patos, Ocas,... Seguimos pola estrada pasando diante dos estudos da RTVG, TVE, que faínos sentir a meta. Despois dunha recta cruzamos o pobo de San Marcos, e un pouco máis adiante está esperandonos a pequena capela na sua honra, e desde ela ollamos o final que non e outro que o Monte do Gozo.

Deixamos á dereita o Monolito feito para o recordo das visitas a Galicia polo Papa Juan Pablo VI. Baixamos polo camiño que atravesa un prado, e as sete chegamos por fin ao noso pabellón. Intercambio de comentarios, reparto de habitacións, unha boa ducha de auga quente, risas, e corre a tomar uns viños ao pobo antes de a cea. A cea foi no Restaurante SUSOS as nove e media, e o menú: Caldo ó sopa, Carne asada, e postre, algúns enchufados como Pabliño: Un bistec con unha fonte de patacas fritas,e de postre un xelado ¡ como se puxo o pícaro ! . Sobre as once menos cuarto retorno ao Albergue, xa a choiva comenzaba e todos para suas habitacións, menos algúns que aínda lle pedía marcha o seu corpo e foron a probar a marcha da zoa. As habitacións eran con literas para oito persoas, para que vamos a comentar o que pasou durante a noite, xa o imaxinamos un pouco ¿non?. Cunha noite de moito vento e choiva foimos durmindo un pouco todo os camiñantes para o día siguente comenzar a última etapa.

José Luis

7ª ETAPA MONTE DO GOZO - SANTIAGO 

01 de Octubro- Saída as 9,30 do Monte do Gozo

 As sete e media xa se podía oir a xente sair e entrar nas habitacións, pasear polo pasillo, creo que son os nervos que nos xogan unha mala pasada en algúns momentos especiais, pois éramos case todos os que xa tíñamos gañas de levantarnos das camas. Fúmonos estirando, duchando ao mesmo tempo, comentarios de todos os gustos: eu non dormín un chisco, como ronca fulano, dín máis voltas que unha peonza. Tino con seu chiste do aeroporto de México, ¿ que pasa Guei ?, así foi pasando o tempo e algúns as oito camiño da cafetería para desayunar, café, croasain, magdalenas, en fín todo elo con Fernando Alonso disputando o " Gran Premio China " que ao final quedou de 2º, a seguir loitando. As nove chega o autobús e todos coa camiseta do Concello "Praias de Foz ", levamos as bolsas da roupa, e as nove e media na entrada do Monte do Gozo facemos a fotografía de rigor e camiño a Santiago. A mañá ameazaba de novo choiva ¡Como Chove nesta zoa !, vamos chegando a San Lázaro, aínda Santiago non despertara, callexeamos, e xa vemos bares abertos, para os desayunos, xuventude de regreso da noite, así pouco a pouco adentrámonos na cidade, peregrinos e máis peregrinos a noso carón. Alcanzamos a praza Quintana contemplamos o fermoso entorno e as dez e cuarenta estamos díante da oficina do pregrino para selar a Compostela. Con nos trinta e seis xa enchemos as instalacións. Con pacenza vamnos selando e facendo as preguntas de rigor, saímos e as mulleres ceganse ollando os escaparates das tendas de souvenirs. Uns sacan fotografías, outros paseamos, esperando que sexan as doce para escoitar a Misa do Peregrino. O mundo que hai dentro da Catedrál non se pode describir, centos de persoas chegadas de todos os puntos do mundo, cunha fe que chega a emocionar e que impregna todo o redor. Foi moi emotivo cando o sacerdote antes da misa nombra a os grupos achegados a Santiago, e dí : "Grupo de Peregrinos que veñen da Parroquia Santiago de Foz" ¡eso chega!. 

Unha vez escoitada a Misa xuntámonos todo o grupo na praza do Obradoiro e fumos a sacar todo o grupo unha fotografía nas escaleiras xunto a "triste e sola Fonseca". Quedamos de xuntarnos as dous e media no autobús, e sin máis en varios grupos fomos a tomar os viños polos alrededores da Catedrál, botamos uns cantariños, compramos algún que outro recordo, e para o autobús. De novo, camiño a o Restaurante San Paio na Lavacolla, para disfrutar dunha comida de hermandade, todos xuntos en camadería, con algún que outro cantarín, e incluso felices pola hazaña feita a o longo dos 190 km. que separan a Foz de Santiago. 

As cinco da tarde emprendemos o regreso a Foz facendo unha paradiña en Vilalba, e sobre as oito menos cuarto chegamos as nosas casas.

 FELICITAR A TODO O GRUPO POLA BOA DISPOSICIÓN A COLABORAR, E ASÍ PODER HABER FEITO UN  "CAMIÑO MÁIS LEVADEIRO" 

Un Saudo moi especial para todos

 A xunta directiva dos Sendeiros

José Luis